O patrón costeiro ou de costa é o profesional náutico-pesqueiro encargado do mando en buques pesqueiros de ata 24 metros de eslora de puntal a puntal e 400 kW de potencia efectiva da máquina.

Para acceder a un posto de patrón de costa é preciso superar unha formación de Patrón Costeiro Polivalente, cunha duración mínima de 600 horas, de máquinas e de ponte.

Atribucións editar

O patrón costeiro ten legalmente recoñecidas as seguintes atribucións:[1]

  • A xefatura de máquinas en buques pesqueiros con potencia propulsora non superior a 400 kW.
  • O enrolamento coma oficial encargado da garda de navegación en buques adicados á pesca litoral.
  • O enrolamento coma oficial encargado da garda de máquinas en barcos adicados á pesca de litoral.
  • Previa autorización da Dirección Xeral da Mariña Mercante, exercer en buques mercantes que operen en augas interiores, coas atribucións determinadas anteriormente e ata un máximo de 150 persoas en buques de pasaxe.

Notas editar

  1. Seguridade Social, ed. (2008). "Titulacións profesionais - Traballadores do Mar". Consultado o 07 de maio 2012. (en castelán)
  2. Reino de España, ed. (1977). "Lei 10/1977, do 4 de xaneiro, sobre o mar territorial.". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2012. Consultado o 07 de maio 2012. (en castelán)
  3. Ministerio de Defensa, ed. (1977). "R.D. 2510/1977, do 5 de agosto, sobre o trazado de liñas de base rectas [...] sobre a extensión das augas xurisdicionais españolas a 12 millas, a efectos de pesca". Consultado o 07 de abril de 2020. (en castelán)