Path of Exile é un videoxogo de rol en liña free-to-play desenvolvido e publicado por Grinding Gear Games, financiado por microtransacións.[1] Publicouse unha beta aberta o 23 de xaneiro de 2013,[2] e o xogo publicouse oficialmente o 23 de outubro de 2013.[3][4][5][6][7]

Path of Exile
Desenvolvedor(es)Grinding Gear Games
Distribuidora(s)Grinding Gear Games
Deseñador(es)Chris Wilson
Programador(es)Jonathan Rogers
Escritor(es)Edwin McRae
Brian Weissman
Artista(s)Erik Olofsson
Compositor(es)Adgio Hutchings
Kamil Orman-Janowski
Lanzamento23 de outubro de 2013
XéneroRol
Modos de xogoUn xogador, multixogador
Plataforma(s)Microsoft Windows, Xbox One, PlayStation 4 e macOS
Na rede
https://www.pathofexile.com/
IMDB: tt2417780 Facebook: pathofexile Twitter: pathofexile VK: poecis Youtube: UCA7X5unt1JrIiVReQDUbl_A Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O xogador controla a un único personaxe dende unha perspectiva cenital e debe explorar varias zonas abertas de exteriores así como covas e alxubes, loitando contra varios monstros e completando varias misións fornecidas por NPCs para gañar puntos de experiencia e conseguir mellores armas e armaduras. O xogo está fortemente inspirado na serie de videoxogos Diablo, particularmente no videoxogo Diablo II.[8] GameSpot nomeouno o "Xogo do Ano de PC" de 2013,[9] e para IGN foi o "Mellor xogo de rol de PC de 2013".[10] A data de febreiro de 2014, o xogo tiña uns cinco millóns de xogadores rexistrados.[11]

Notas editar

  1. "About Path of Exile". Pathofexile.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2015. Consultado o 16 de agosto de 2011. 
  2. "Open Beta Date Announced". Grinding Gear Games. Consultado o 8 de xaneiro de 2012. 
  3. "Path of Exile devs plan yearly expansions, full release in six months". 
  4. "Path of Exile version 1.0 is six months away, one expansion per year after". Joystiq. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2015. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  5. "Path of Exile reaches 2 million registered players". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 02 de outubro de 2016. 
  6. "Path of Exile launches Oct. 23 with Scion prestige class". Consultado o 12 de outubro de 2013. 
  7. "Forum - Announcements - Path of Exile Release Information". Path of Exile. 9 de outubro de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  8. "The free-to-play Diablo". IGN. Consultado o 17 de agosto de 2011. 
  9. "PC Game of the Year 2013". GameSpot. Consultado o 2 de marzo de 2014. 
  10. "Best PC Role-Playing Game - IGN's Best of 2013". IGN. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  11. Campbell, Colin (28 de febreiro de 2014). "How is 'ethical' free-to-play Path of Exile faring?". Polygon. Vox Media. Consultado o 3 de marzo de 2014. 

 
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.