Paternalismo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
O paternalismo é unha actitude que consiste en se comportar como un pai para outras persoas sobre as cales se exerce ou se tenta exercer unha autoridade. Esta actitude pode ser voluntaria ou involuntaria e inconsciente.
O termo utilízase en campos tales como a política, a moral ou a economía, falándose de paternalismo político, moral, económico etc.
A actitude paternalista ven a considerar aos adultos como nenos. Pódese dicir que un paternalista infantiliza a aqueles sobre os que exerce, ou procura exercer, unha autoridade. Pódese tamén dicir á inversa que é ao ser eles xa infantís o que suscita unha tendencia paternalista.
Nun sentido político concreto, o paternalismo é unha modalidade do autoritarismo, na que unha persoa exerce o poder sobre outra combinando decisións arbitrarias e inapelables, con elementos sentimentais e concesións graciosas. Nun sentido político máis amplo, o paternalismo é un sistema de relacións sociais e laborais, sostido por un conxunto de valores, doutrinas, políticas e normas fundadas nunha valoración positiva do patriarcado.
Para o Dereito constitucional, o Estado paternalista é aquel que limita a liberdade individual dos seus cidadáns en base a uns valores axiolóxicos que fundamentan a imposición estatal. Deste xeito, xustifícase a invasión da parcela correspondente á autonomía individual por parte da norma xurídica, baseándose na incapacidade ou non idoneidade dos cidadáns para tomar determinadas decisións que o Estado considera correctas.
A figura papal da Igrexa Católica ten tamén certas connotacións paternalistas, chamándoselle Santo Pai, acentuando así a supremacía, autonomía e soberanía desta institución.
Podemos atopar tamén unha referencia indirecta a este termo no ámbito legal, cando lemos no Código Civil español, no seu artigo 1903, a expresión "bo pai de familia", cando se puntualiza a dilixencia coa que han observar aquelas persoas que responden da actuación doutras (ben sexa menores ou incapacitados)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alemany García, M.: El concepto y la justificación del paternalismo. Alacant, Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2005. ISBN 84-689-3339-2 Publicado en liña (en castelán).
- Centro de Estudios Constitucionales (1993), Derecho, ética y política, Madrid, 1993. páx. 361-377
Outros artigos
editar Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |