Pascual Rey Castro
Pascual Rey Castro, nado en Ferrol cara a 1873 e finado en Madrid en febreiro de 1935,[1] foi un fotógrafo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 Ferrol, España |
Morte | febreiro de 1935 (61/62 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarIniciouse na fotografía como afeccionado, cos consellos de Andrés Avelino Comerma Batalla. Iniciou as súas colaboracións coa prensa participando no concurso do semanario Revista Moderna e en 1898 publicou dúas fotografías na revista El Mundo Naval Ilustrado. En abril dese ano expuxo os seus retratos e en xuño obtivo o primeiro premio do certame da Revista Moderna. O ano seguinte obtivo unha mención honorífica no concurso de fotografías organizado por La Ilustración Española y Americana e o 30 de agosto abriu o seu gabinete fotográfico na rúa Real de Ferrol. En 1905 foi nomeado delegado na provincia da Coruña na Exposición Nacional de Fotografía en Madrid, e en 1908 obtivo a medalla de ouro e diploma na Exposición do Traballo e Progreso. Foi colaborador gráfico de Vida Gallega e ABC. En 1915 vendeu o seu gabinete fotográfico.
Presentouse ás eleccións municipais en 1909, pero non saíu elixido. Foi elixido vogal do Partido Democrático ferrolán en 1911.
Vida persoal
editarCasou con Carmen Arias García en 1898 e foi pai de Pascual Rey Arias.
Recoñecementos
editarFoi nomeado Cabaleiro da Orde de Isabel a Católica en 1905.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 6-2-1935, p. 9.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pascual Rey Castro |
Ligazóns externas
editar- Antonio Blanco Núñez (13/4/2020) "Pascual Rey Castro" nacidosenferrol.wordpress.com