Partido Revolucionario Democrático

O Partido Revolucionario Democrático (PRD) é un partido político de centro-esquerda de Panamá.[4][5] É o partido con maior número de adherentes en Panamá, cun total de 656.392 (novembro de 2021).[6]

Partido Revolucionario Democrático
Filiación internacionalInternacional Socialista
Foro de São Paulo
Conferencia Permanente de Partidos Políticos de América Latina
Grupo Integración Centro - Democrático
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialdemocracia
Latinoamericanismo
Posición políticaCentroesquerda[1][2][3]
Representación
Asemblea Nacional
35 / 71
Parlacen
7 / 20
Na rede
http://www.prdespanama.com

O seu fundador foi Omar Torrijos Herrera, que foi xefe de goberno de Panamá desde 1968 até a súa morte en 1981.[7]

Historia editar

Orixes editar

O partido político foi legalizado pola resolución 590 do 3 de outubro de 1979 polo xeneral Omar Torrijos Herrera, quen era xefe de goberno de Panamá desde o golpe de estado de 1968.[8] A base ideolóxica do partido era buscar a igualdade para as persoas de todas as clases sociais, que eran vítimas da pobreza multidimensional e da falta de oportunidades.[9]

Primeiros anos editar

O partido adquiriu liderado no sistema político de Panamá na década de 1980, ao ter inclinación positiva cara aos ideais do goberno militar de Panamá, dirixido por Omar Torrijos Herrera;[10] sen mencionar que adquiriu popularidade na sociedade panameña. Logo do repentino falecemento de Torrijos,[7] o xeneral Manuel Antonio Noriega converteu o partido nun aliado eficaz para vencer a oposición panameña nas eleccións de 1984.[11]

Nas eleccións, o candidato perredista Nicolás Ardito Barletta foi elixido presidente de Panamá gañando as eleccións cunha estreita diferenza fronte ao seu rival, o expresidente Arnulfo Arias Madrid. A oposición panameña denunciou que os resultados foran fraudulentos, pero o sistema electoral panameño (manipulado polo xeneral Noriega) non tomou en conta as súas acusacións.[12]

Década de 1980 editar

Durante a época de 1980, o goberno militar apoiado polo PRD foi acusado de ser o responsable das violacións dos dereitos humanos, desaparicións e mortes de centos de persoas en contra dos seus ideais, como Hugo Spadafora e Héctor Gallego; ademais de ameazas de morte que obrigaron a moitos opositores a fuxir do país.[13] Con todo, o partido postulouse ás eleccións de 1989 nunha época onde o pobo panameño estaba en constante loita contra a ditadura do xeneral Manuel Antonio Noriega.[14]

Nas eleccións, o candidato da alianza opositora Guillermo Endara gañou as eleccións por unha ampla diferenza; pero o xeneral Noriega optou por anular as eleccións. Esta decisión foi altamente criticada entre a poboación panameña e os gobernos doutros países, como Estados Unidos que tomou a decisión de deter o xeneral Noriega polos seus vínculos co narcotráfico e tamén restaurar a democracia en Panamá logo de presentárense certos conflitos cos cidadáns estadounidenses en Panamá. O 20 de decembro de 1989, Estados Unidos invadiu Panamá e derrocou do cargo o presidente provisional Francisco A. Rodríguez (do PRD), declarando como presidente do país a Guillermo Endara, gañador das eleccións.[15]

Década de 1990 editar

Logo da invasión estadounidense, o partido converteuse por primeira vez desde a súa fundación en oposición. Os membros do partido tomaron a decisión de reestruturar as súas bases para converterse nun partido libre de influencia militar en preparación para as eleccións de 1994. O partido elixiu o dirixente do partido Ernesto Pérez Balladares como o seu candidato ás eleccións de 1994. Tras celebrarse as primeiras eleccións democráticas desde 1968, Ernesto Pérez Balladares converteuse en presidente de Panamá para o período 1994-1999.[16] O presidente Balladares presentou un referendo para reformar a constitución, cuxo resultado foi negativo.

Nas eleccións de 1999, o partido elixiu a Martín Torrijos Espino (fillo do xeneral Torrijos) como o seu candidato ás eleccións; mais este perdeu ante a candidata panameñista Mireya Moscoso (esposa do expresidente Arias Madrid).

Século XXI editar

Nas eleccións de 2004, postularon novamente a Martín Torrijos Espino quen resultou elixido nesa ocasión como presidente de Panamá. O presidente Torrijos presentou un referendo para a ampliación da Canle de Panamá (devolto a Panamá en 1999), cuxo resultado foi efectivo.[17] Nas seguintes eleccións de 2009, o partido perdeu ante o candidato Ricardo Martinelli (coa candidata Balbina Herrera) e novamente nas eleccións de 2014, perderon ante o candidato Juan Carlos Varela (co candidato Juan Carlos Navarro). Logo de diversas reestruturacións do partido, tras as derrotas de 2009 e 2014, o partido escolleu o ex-lexislador Laurentino Cortizo para as eleccións xerais de 2019; nas cales saíu vitorioso por unha estreita marxe sobre o seu rival Rómulo Roux.[18]

Resultados das eleccións editar

Eleccións presidenciais editar

Ano Candidato Votos % Resultado
1984 Nicolás Ardito Barletta 300 748
 46,98 %
Si electo
1989 Carlos Duque Jaén 184 900
 28,40 %
  Non electo
1994 Ernesto Pérez Balladares 355 307
 30,30 %
Si electo
1999 Martín Torrijos Espino 481 988
 37,82 %
  Non electo
2004 Martín Torrijos Espino 711 164
 47,44 %
Si electo
2009 Balbina Herrera 584 931
 37,54 %
  Non electa
2014 Juan Carlos Navarro 521 842
 28,1 %
  Non electo
2019 Laurentino Cortizo 633 143
 33,18 %
Si electo

Eleccións lexislativas editar

Comicios Votos  % Deputados Resultado Notas
1984 153,182
 25,14 %
34 / 67
Goberno Dentro da Unión Democrática Nacional
1989 114,741
 18,83 %
6 / 67
Oposición Dentro da Coalición de Liberación Nacional
1994 355.307
 33,30 %
30 / 72
Goberno Dentro da Alianza Pueblo Unido
1999 393,356
 31,99 %
34 / 71
Oposición Dentro da Alianza una Nueva Nación
2004 649,157
 43,29 %
41 / 78
Goberno Dentro de Patria Nueva
2009 1,110,354
 36,60 %
26 / 71
Oposición Dentro de Un País para Todos
2014 521,842
 35,20 %
26 / 71
Oposición
2019 655,302
 33,35 %
35 / 71
Goberno Dentro de Uniendo Fuerzas (con MOLIRENA)

Notas editar

  1. Bigio, Isaac (2019). "“Centro-izquierda” gana presidenciales de Panamá". Alainet. Consultado o 10 de decembro de 2019. 
  2. Rodríguez, María (2019). "En Panamá nunca gana las elecciones el partido que está en el poder". Al Navío. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2019. Consultado o 10 de decembro de 2019. 
  3. "Elecciones en Panamá: quién es "Nito" Cortizo, al que declaran ganador de la votación presidencial con sólo un 2% de ventaja". BBC. 2019. Consultado o 10 de decembro de 2019. 
  4. Herrera, Edna (2019). "Cortizo, favorito para ganar en Panamá". El Economista. Consultado o 10 de decembro de 2019. 
  5. "¿Quién es Laurentino Cortizo, el nuevo presidente de Panamá?". Estregia y Negocios. 2019. Consultado o 10 de decembro de 2019. 
  6. Panamá, en segundos. "Más de millón y medio de panameños se inscribieron en partidos políticos" (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 "Muerte de Omar Torrijos". Panamá Vieja Escuela. Consultado o 18 de novembro de 2021. 
  8. "Golpe de Estado de 1968". Panamá Vieja Escuela. 
  9. "Ideología del PRD". Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  10. "Ideología del PRD". Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  11. "Manuel Antonio Noriega y el PRD". Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  12. "Library FES" (PDF). Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  13. "Los desaparecidos y asesinatos por la dictadura militar panameña.". Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  14. "Cruzada Civilista". Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  15. "La Invasión de Estados Unidos a Panamá en 1989". Panamá Vieja Escuela. 
  16. "Resultados das eleccións de 1994 (en inglés)". Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  17. "Referéndum para la ampliación del Canal.". La Estrella de Panamá. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2019. 
  18. "Laurentino Cortizo se convierte en presidente de Panamá.". CNN.