Parroquias de Florida

Parroquias de Florida


Mapa de localización das Parroquias de Florida

As Parroquias de Florida (inglés: Florida Parishes, castelán: Parroquias de Florida, francés: Paroisses de Floride), na parte oriental do río Mississippi que tamén son coñecidas como a rexión da Ribeira Norte (Northshore) ou mesmo a rexión do Lago Norte (Northlake), son oito parroquias na parte sueste do estado de Luisiana, que foi parte da Florida Occidental no século XVIII e principios dos XIX. A diferenza da maior parte de Luisiana, esta rexión non foi parte en 1803 da Compra de Luisiana, posto que estivo baixo o control británico e logo español os anteriores corenta anos. As parroquias son East Baton Rouge, East Feliciana, Livingston, Saint Helena, Saint Tammany, Tangipahoa, Washington e West Feliciana.

Estados Unidos anexouse a maior parte de Florida Occidental en 1810. Rapidamente incorporaron a área do que logo serían as Parroquias de Florida ao Territorio de Orleans, que pasou a ser un estado da Unión en 1812.

En 1990, o estado de Luisiana denominou formalmente á rexión "a República da Rexión Histórica de Florida Occidental, ou as Parroquias de Florida"[1].

Historia editar

 
A "Bandeira Bonnie Blue" de Florida Occidental

Esta área foi nun tempo parte da Luisiana Francesa. Despois da Guerra franco-india, non obstante, a rexión, como a maioría do resto da Luisiana Francesa ao leste do río Mississippi (exceptuando a Île d'Orléans (actual Nova Orleáns), foi transferida a Gran Bretaña. A rexión pasou a formar parte da provincia colonial británica de Florida Occidental.

Tras a Guerra Revolucionaria dos Estados Unidos de América, Florida Occidental foi obxecto dunha disputa fronteiriza entre os recentemente formados Estados Unidos e España, que adquiriron as Florida Oriental e Occidental dos británicos despois da guerra. A disputa levou aos colonos americanos e británicos de Florida Occidental ao oeste do río Perdido a declarar a independencia da República de Florida Occidental en 1810 e elixir o seu líder, Fulwar Skipwith, como presidente. A Republic foi rapidamente anexionada polos Estados Unidos e as actuais Parroquias de Florida foron incorporadas ao Territorio de Orleans, que incorporouse á Unión como o Estado de Luisiana en 1812. A bandeira da República de Florida Occidental, que a miúdo se identificaba coa bandeira Bonnie Blue da era da Guerra Civil, ondea en moitos edificios públicos das Parroquias de Florida. En 2006 a Lexislatura estatal ou Parlamento definiuna como a "bandeira oficial da Rexión Histórica da República de Florida Occidental"[2].

Xeografía editar

As Parroquias de Florida alónganse desde o estado de Mississippi nos seus límites oriental e setentrional, ata o río Mississippi na súa fronteira occidental e o Lago Pontchartrain na meridional. A súa maior área poboada é a Área Metropolitana de Baton Rouge. A Parroquia de Saint Tammany é parte da Área Metropolitana de Nova Orleáns.

As Parroquias teñen unha extensión de 12.134,57 km², equivalente ao 10,755% da área total do Estado. A súa poboación no Censo de 2000 era de 887.444 residentes, o 19,86% do total estatal nese momento[3], mentres no Censo de 2010 era de 1.017.297 habitantes, o 22,44% do total estatal[4]. As súas maiores poboacións, en orde descendente de poboación segundo o Censo de 2000, eran Baton Rouge, Slidell, Hammond, Shenandoah (CDP), Baker, Bogalusa, Zachary, Mandeville, Merrydale (CDP), Gardere (CDP), Denham Springs, Covington, Oak Hills Place (CDP) e Lacombe (CDP).

A Interestatal 12, que discorre de este ao oeste atravesando a rexión da Ribeira Norte, foi designada oficialmente en 1993 como a Ruta Verde da República de Florida Occidental.

Parroquias editar

Notas editar

  1. "LA Rev Stat § 25:701 Republic of West Florida Historic Region". Justia US Law (en inglés). Consultado o 2-8-2012. 
  2. "2006 Louisiana Laws - RS 25:705 — Bonnie blue flag adopted". Justia US Law (en inglés). Consultado o 2-8-2012. 
  3. Oficina do Censo dos Estados Unidos (ed.). "American FactFinder. Geografphy: Louisiana. 2000" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2016. 
  4. Oficina do Censo dos Estados Unidos (ed.). "American FactFinder. Geografphy: Louisiana. 2010" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar