Parque Nacional do Jaú
O Parque Nacional do Jaú é un parque nacional que se atopa no estado do Amazonas, no Brasil. É unha das meirandes reservas forestais de América do Sur, e foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Parque Nacional do Jaú | |
---|---|
Solpor no Jaú. | |
Localización do parque. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Brasil |
Localización | Amazonas |
Tipo | Natural |
Criterios | IX, X |
Inscrición | 2000 (24ª sesión) |
Rexión da UNESCO | América Latina e o Caribe |
Identificador | 998-001 |
Localización
editarO nome "Jaú" provén dun dos meirandes peixes do Brasil, o Zungaro zungaro ou jaú, polo cal recibe o nome do río principal do parque.[1] O parque está no bioma amazónico na ecorrexión do bosque húmido de Japurá-Solimões-Negro.[2] Abrangue unha área de 2 367 333 hectáreas. Foi creado polo decreto 85.200, o 24 de setembro de 1980. É administrado polo Instituto Chico Mendes de Conservación da Biodiversidade.[3] Abrangue os concellos de Barcelos, Codajás e Novo Airão no estado de Amazonas.[4]
O parque é unha das maiores áreas protexidas do Brasil. Atópase a 220 km ao noroeste de Manaus e contén toda a conca do río Jaú entre o río Unini ao norte e o río Carabinani ao sur. Os tres ríos flúen cara ao leste para entrar na marxe dereita do Río Negro.[1] A parte leste do parque linda coa reserva extractivista do río Unini ao norte, que discorre pola beira oposta do río Unini. O parque limita ao noroeste coa Reserva de Desenvolvemento Sostible de Amanã. Ao leste, preto do río Negro, o parque linda co Parque Estatal Río Negro Sector Norte ao sur.[5]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional do Jaú |
Bibliografía
editar- CEC Central da Amazônia (en portugués). ISA: Instituto Socioambiental. Consultado o 2016-10-17.
- Central Amazon Conservation Complex. UNESCO. Consultado o 2016-05-05.
- Full list: PAs supported by ARPA. ARPA. Consultado o 2016-08-07.
- Japurá-Solimoes-Negro moist forests. Global Species (Myers Enterprises II). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2017. Consultado o 2017-03-10.
- PARNA do Jaú (en portugués). ISA: Instituto Socioambiental. Consultado o 2016-09-14.
- Parque Nacional do Jaú (en portugués). Chico Mendes Institute for Biodiversity Conservation. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2016. Consultado o 2016-05-04.
- Parque Nacional de Jaú (en portugués). Via Rural. Arquivado dende o orixinal o 2016-05-09. Consultado o 2016-05-04.
- Thiago Mota Cardoso (2010). Depoimento: o mosaico do baixo rio Negro (en portugués). IPÊ-Instituto de Pesquisas Ecológicas. Consultado o 2016-10-11.
- Unidade de Conservação: Parque Nacional do Jaú (en portugués). MMA: Ministério do Meio Ambiente. Consultado o 2016-05-04.