Doñana
Doñana é un espazo natural protexido español situado en Andalucía, entre as provincias de Cádiz, Huelva e Sevilla, que conta con 108.086 ha (54.251 ha no Parque Nacional, e 53.835 ten no Parque Natural). Comprende tanto o Parque Nacional de Doñana (creado en 1969) como o Parque Natural de Doñana (creado en 1989 e ampliado en 1997), e a súa grande extensión de marismas acolle durante o inverno a numerosas especies de aves acuáticas, que adoitan alcanzar cada ano os 200.000 individuos.
Parque nacional e natural de Doñana | |
---|---|
Lagoas de El Acebuche | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | 36°56′51″N 6°21′31″O / 36.94750, -6.35861Coordenadas: 36°56′51″N 6°21′31″O / 36.94750, -6.35861 |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, IX, X |
Inscrición | 1994 (18ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 685bis |
Debido a súa proximidade ao lugar de encontro do Atlántico e do Mediterráneo, o Estreito de Xibraltar, en Doñana pódense observar máis de 300 especies diferentes de aves ao ano, ao ser lugar de paso, cría e invernada para miles delas (acuáticas e terrestres) europeas e africanas. Aquí repousan aves acuáticas de toda Europa Occidental, localizándose infinidade de especies nas marismas e arredores procedentes de África e Europa.
Con diferentes institucións científicas no seu interior que velan por un desenvolvemento axeitado das bisbarras limítrofes e a conservación dalgunhas especies moi delicadas que habitan nel, considérase a maior reserva ecolóxica de Europa. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994. No ano 2006 o parque recibiu 376.287 visitas.
O seu nome provén segundo algúns do de Dona Ana de Silva e Mendoza, esposa do VII Duque de Medina-Sidonia. Segundo outros de Ana Mallarte, casada con Sancho de Herrera, arrendatario dos pastos da parte de El Palacio en 1545.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Doñana |
- Real Decreto 2412/1969, de 16 de outubro, de creación do Parque Nacional de Doñana (BOE nº 257, de 27.10.1969) Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- Web oficial do Parque Nacional de Doñana - Rede de Parques Nacionais Arquivado 23 de decembro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Junta de Andalucía. Consejería de Medio Ambiente. Parque Nacional de Doñana (en castelán)
- Consejería de Cultura - Bienes Patrimonio Mundial (en castelán)