Parque empresarial de Vimianzo

parque empresarial en Vimianzo

O parque empresarial de Vimianzo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada en Vimianzo, a escasa distancia da capital municipal, desenvolvida por Suelo Empresarial del Atlántico (SEA).

Parque empresarial de Vimianzo
Tipoparque empresarial
Data de fundación2007
EnVimianzo
PaísGalicia
43°07′13″N 9°01′39″O / 43.120333333333, -9.0275833333333
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O de Vimianzo foi un dos proxectos desenvolvidos ao amparo do Plan Galicia, as obras de construción comezaron en 2007[1] e concluíron en 2008 tras un investimento de 5,2 millóns de euros[2]; daquela, os medios de comunicación denunciaron que os prezos do metro cadrado á venda neste polígono eran dos máis altos da provincia da Coruña[3].

En 2014 chegaron as primeiras rebaixas no prezo do solo tanto para este como para o parque empresarial da Laracha, tamén desenvolvido por SEA[4]. Por fin, no ano 2015, instalarían no polígono a primeira empresa: unha distribuidora de froitas e produtos da horta[5]. Ese mesmo ano, o Concello presidido por Manuel Antelo, pretendía pór en marcha un pequeno parque eólico dentro do ámbito do parque[6].

En 2016 saíu a concurso a construción dun punto de recollida selectiva de lixo promovido polo Concello por valor 123.244 €[7]. En 2017, grazas a un acordo entre a Xunta de Galicia e a empresa de telecomunicacións R, anunciouse a instalación de banda larga ultrarrápida para ese mesmo ano[8], no que tamén se puxo en servizo o punto limpo longamente anunciado[9].

Características editar

  • Superficie bruta: 335.195 m2
  • Superficie neta: 169.236 m2
  • Edificabilidade industrial: 65.590 m2
  • Edificabilidade terciario-mixto: 124.200 m2
  • Edificabilidade total: 189.790 m2

Accesos editar

  • AC-552: entre os P.K. 65 e 66.

Notas editar

  1. "Las máquinas comienzan a levantar el futuro polígono industrial de Vimianzo, primero del Plan Galicia. Galicianaves Noticias". www.galicianaves.com (en castelán). Consultado o 2017-04-30. 
  2. "La constructora entregó a Suelo Empresarial del Atlántico el polígono industrial de Vimianzo". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-10-01. Consultado o 2017-04-30. 
  3. Suárez, M. Carmen. "El polígono de Vimianzo es uno de los más caros de la provincia". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-04-30. 
  4. "Llegan las rebajas del suelo a los polígonos de Vimianzo y Laracha". ASIME (en castelán). 2014-08-08. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2017. Consultado o 2017-04-30. 
  5. Patricia Blanco (2015-08-25). "Arranca la actividad empresarial en el polígono industrial vimiancés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-04-30. 
  6. "El mini parque eólico del polígono de Vimianzo está listo para funcionar". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-01-18. Consultado o 2017-04-30. 
  7. "Punto limpo no parque empresarial de Vimianzo - Ayuntamiento de Vimianzo - Infoconcurso". www.infoconcurso.com (en castelán). Consultado o 2017-04-30. 
  8. mundo-R (2017-03-24). "81 polígonos galegos terán banda larga ultrarrápida grazas a R e á Xunta - BlogR". BlogR. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2017. Consultado o 2017-04-30. 
  9. Lorena Martínez Canosa (2017-08-10). "Vimianzo estrea punto limpo". Que pasa na costa. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-19. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar