Parque Transfronteirizo do Gran Limpopo

O Parque Transfronteirizo do Gran Limpopo é unha área protexida transfronteiriza de 35 000 km² en proceso de creación.[1] Unirá o Parque Nacional do Limpopo (anteriormente coñecido como Coutada 16) en Mozambique, o Parque Nacional Kruger en Suráfrica, o Parque Nacional de Gonarezhou, o Santuario de Manjinji e a Zona de safari de Malipati en Cimbabue, así como a zona entre Kruger e Gonarezhou, a terra comunal de Sengwe en Cimbabue e a rexión de Makuleke en Suráfrica.

Mapa do Parque Transfronteirizo do Gran Limpopo.

Fauna editar

O parque acolle unha ampla gama de vida silvestre, destacando o elefante, o rinoceronte branco, a xirafa de Suráfrica, o ñu azul, o leopardo africano, o león, o guepardo, a mangosta raiada e a hiena pinta.

Dende 2005, a área está considerada como unha Unidade de Conservación do León.[2]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "About the Great Limpopo Transfrontier Park". greatlimpopopark.com. Archived from the original on 26 de agosto de 2007. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  2. IUCN Cat Specialist Group (2006). Conservation Strategy for the Lion Panthera leo in Eastern and Southern Africa. IUCN, Pretoria, Suráfica.