Parque Nacional e Reserva Gates of the Arctic

parque nacional dos Estados Unidos de América

Coordenadas: 4°28′N 73°44′O / 4.467, -73.733

Parque Nacional e Reserva Gates of the Arctic

Marco Legal
Figura de Protección: Parque nacional
Ano de constitución: 2 de decembro de 1980
Superficie: 34 287,02 km²
Lexislación:
Datos de interese
País: Estados Unidos de América Estados Unidos
Provincias: Alasca
Concellos:
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Parque Nacional e Reserva Gates of the Arctic é un parque nacional estadounidense que protexe porcións da cordilleira de Brooks, no norte de Alasca. O parque é o máis setentrional dos parques nacionais dos Estados Unidos, situándose enteiramente ao norte do círculo polar ártico. O parque é o segundo máis grande nos Estados Unidos, con 34,287 km², lixeiramente máis grande en área ca Bélxica.

Gates of the Arctic foi designado nun principio como monumento nacional o 1 de decembro de 1978, antes de ser designado de novo como reserva nacional trala aprobación da Lei de Conservación de Terras de Interese Nacional de Alasca en 1980. Unha gran parte do parque ten protección adicional como "Gates of the Arctic Wilderness" que abrangue 2 900 460 hectáreas.[1] A zona salvaxe linda coa Reserva Nacional de Noatak. Xuntas, forman a maior zona salvaxe contigua dos Estados Unidos.

Notas editar

  1. "Gates of the Arctic Wilderness". Wilderness.net. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-05. Consultado o 2012-03-06. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Marshall, Robert (1956), Alaska Wilderness, George Marshall ed., (2005 reprint), University of California Press ISBN 0-520-24498-2
  • Marshall, Robert (1933), Arctic Village. H. Smith and R. Haas, Nova York.