Parque Nacional do Comoé

parque nacional de Costa do Marfil

O Parque Nacional do Comoé é unha reserva da biosfera e Patrimonio da Humanidade da UNESCO que se atopa nos distritos de Zanzan e Savanes, no nordeste de Costa do Marfil. É a área protexida máis grande do oeste de África, cunha área de 11,500 km², e abrangue dende a húmida sabana de Guinea até a seca zona sudanesa.[1] Este forte gradiente climático norte-sur permite que o parque albergue multitude de hábitats cunha notable diversidade de vida. Algunhas especies animais e vexetais atopan teñen o seu santuario nalgúns dos distintos tipos de sabana, bosques en galería, prados de ribeira, afloramentos rochosos ou illas forestais.

Modelo:Xeografía físicaParque Nacional do Comoé
Imaxe
TipoParque nacional
Reserva da biosfera
parque Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaDistrito de Savanes, Costa do Marfil (pt) Traducir, Zanzan District, Costa do Marfil (en) Traducir e Zanzan, Costa do Marfil Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCosta do Marfil Editar o valor en Wikidata
Mapa
 9°09′49″N 3°46′21″O / 9.1636, -3.7725
Características
Superficie11.491,5 km²
Patrimonio da Humanidade: 1.150.000 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → África
Data1983 (7ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) Editar o valor en Wikidata
En perigo2003 - 2017  Editar o valor en Wikidata
Identificador227
Categoría II da UICN: Parque Nacional
Reserva da biosfera  
IdentificadorEntrada: unesco.org… Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 7523 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1 de xaneiro de 1968 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2003-2017lista do Patrimonio Mundial en Perigo Editar o valor en Wikidata

O parque foi engadido inicialmente como Patrimonio da Humanidade debido á diversidade de plantas presentes ao redor do río Comoé, incluíndo parches prístinos de selva tropical que normalmente só se atopan máis ao sur.[2] Como unha chaira ben erosionada entre dous grandes ríos, o terreo da zona alberga solos relativamente infértiles e un réxime de humidade axeitado para unha biodiversidade máis rica que as áreas circundantes. En 2003, foi engadido á Lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo debido á caza furtiva, ausencia de xestión, sobrepastoreo do parque por parte do gando, problemas que se intensificaron tras o estalido da primeiro guerra civil de Costa do Marfil. A 41ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial (celebrada en Cracovia, 2-12 de xullo de 2017) decidiu retirar o Parque Nacional de Comoe da Lista do Patrimonio Mundial en Perigo tralas melloras na conservación da súa fauna e hábitat.

Galería de imaxes

editar
  1. Konaté, Souleymane; Kampmann, Dorothea (2010). Biodiversity Atlas of West Africa, Volume III: Côte d'Ivoire. Abidjan & Frankfurt/Main: BIOTA. ISBN 978-3-9813933-2-3. 
  2. "Wildlife authority of Côte d'Ivoire awarded Rapid Response Facility grant to combat poaching after period of civil unrest". UNESCO. Consultado o 4 de agosto de 2015.