Parque Nacional de Retezat

O Parque Nacional de Retezat atópase no oeste de Romanía.

Datos de interese editar

O Parque Nacional creouse no 1935, protexendo 54400 hectáreas. Posteriormente no 1979, 20000 hectáreas deste parque foron declaradas Reserva da Biosfera.

Flora e Fauna editar

A paisaxe característica é a alta montaña, xa que o parque localízase nos Cárpatos, sendo o monte Peleaga, o cumio máis elevado da zona, con 2.509 metros. As faias seguidas dos piñeiros son as especies arbóreas predominantes. A fauna é moi valiosa: son comúns o oso pardo, o lince común, a aguia real, a aguia pomerana ou a avelaiona dos Urais.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar