Parque Nacional de Mavrovo

O Parque Nacional de Mavrovo atópase no oeste de Macedonia do Norte, xunto a fronteira con Albania.

Datos de interese editar

O Parque Nacional creouse no 1949 e corresponde a un parque de alta montaña, xa que a cota superior son 2.168 metros. Predominan as forestas caducifolias mesturadas con prados e algunha zona de coníferas. A zona protexida abrangue 73.000 hectáreas.

Flora e Fauna editar

A importancia do parque radica na súa riqueza faunística. Así pódese atopar o oso pardo, o lince, o rebezo e diferentes especies de aves de presa, coma o quebraosos, a aguia pomerana ou a Aquila heliaca.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar