Parque Nacional Muddus
O Parque nacional Muddus atópase no norte de Suecia, na rexión de Norrbotterns Län.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/06/Muddus_national_park_topographic_map-fr.svg/220px-Muddus_national_park_topographic_map-fr.svg.png)
Características
editarO hábitat predominante é a Taiga boreal. Existen zonas de bosque antigo moi ben conservadas. Nelas habitan importantes poboacións de alce e de pita do monte. O parque foi creado en 1942 e protexe unha superficie de 49.300 hectáreas.
Vexetación e fauna
editarAdemais das especies arbóreas típicas deste ambiente coma o bidueiro pubescente (subespecie tortuosa) e o piñeiro rubio, tamén atopamos o álamo tremo e o salgueiro cinsento. O estrato arbustivo tamén é importante, con diversas especies de liques e fentos. Ademais do alce, tamén se atopa o lince común e o oso pardo.Importante presenza de aves de presa, coma a avelaiona dos Urais, a curuxa gabián e o moucho de Tengmalm. Ademais o cisne bravo tamén cría no parque.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional Muddus |
Ligazóns externas
editar- Web oficial do parque (en inglés).