Parque Nacional Glenveagh

Coordenadas: 55°01′N 08°03′O / 55.017, -8.050

Parque Nacional Glenveagh
Marco Legal
Figura de Protección: Parque nacional
Ano de constitución: 1984
Superficie: 169,58 km²
Lexislación:
Datos de interese
País: Irlanda Irlanda
Provincias: Ulster
Concellos:
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Parque Nacional Glenveagh (en irlandés: Páirc Náisiúnta Ghleann Bheatha[1]) é o segundo maior parque nacional da República de Irlanda por detrás do Parque Nacional das Montañas Wicklow. Atópase no noroeste do condado de Donegal e a 20 km de Gaoth Dobhair. O parque abrangue case 170 km² e nel atópanse tamén o castelo de Glenveagh e o lago Beagh (en irlandés: Loch Ghleann Bheatha). Posúe unha rede de xardíns informais nos que se poden ver multitude de plantas exóticas de Chile, Madeira ou Tasmania, todas elas protexidas por cortinas forestais de piñeiros e rododendros.

A propiedade foi estabelecida por John Adair, que se fixo polemicamente famoso por expulsar a 244 dos seus inquilinos e por limpar as terras para que non se arruinasen as vistas da paisaxe. Os xardíns e o castelo foron entregados ao goberno da República de Irlanda en 1981 por Henry Plumer McIlhenny de Filadelfia, que mercara as terras en 1937.

Glenveagh é o fogar da maior manda de cervos comúns de Irlanda e tamén da anteriormente extinta aguia real, que foi reintroducida no parque no ano 2000.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Páirc Náisiúnta Ghleann Bheatha". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 6 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar