Parque John Lennon
O parque John Lennon é un parque situado en El Vedado, na Habana, Cuba, na rúa 17, entre as rúas 6 e 8, rebautizado así pola colocación dunha estatua a tamaño real de John Lennon, o famoso compositor inglés e membro de The Beatles. A estatua é obra do escultor cubano José Ramón Villa Soberón.
Historia
editarA principios dos anos 90 celebrouse neste parque, establecido na primeira metade do século XX, un concerto masivo ao que asistiron milleiros de habaneiros, para rendirlle a homenaxe que se debía dende hai anos. Neste concerto participaron importantes músicos cubanos, como Silvio Rodríguez, Síntesis e Carlos Varela, entre outros[1]. A partir desa data o parque comezou a chamarse entre os habaneiros como Parque John Lennon.
Apertura
editarUnha década despois, nese mesmo lugar, nun acto masivo ao que asistiron o presidente Fidel Castro e outras autoridades cubanas, intelectuais, músicos e artistas de diversas ramas, deuse a coñecer a estatua do escultor cubano José Villa, quen declarou na inauguración: "a miña proposta foi render homenaxe a unha personalidade rebelde, chea de demos e soños”. Ademais, tivo lugar simultaneamente un xigantesco concerto de rock na Tribuna Antiimperialista José Martí. Naquela ocasión tamén se proxectou na Habana o documental Lennon en La Habana e presentouse o libro El Sargento Pimienta vino a Cuba en un submarino amarillo.
Presente
editarActualmente o parque é a sede de diversas actividades culturais como concertos, entre outras. Moitos tráenlle flores e mesmo acompañados dunha guitarra cántanlle cancións. A estatua de Lennon ten unha placa coa caligrafía recolle un fragmento de Imagine: "You may say that I'm a dreamer, but I'm not the only one".
A estatua pesa máis de dúas toneladas[1]. Os lentes da estatua foron roubados varias veces e substituídos máis tarde.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Monumento_a_John_Lennon_(La_Habana)". ecured.cu (en castelán). Consultado o 8-5-2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque John Lennon |
- http://www.casantigua.justincuba.com/histodata/spanish/lennon.html Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.