Parkersburg, Virxinia Occidental

Parkersburg, localizada na confluencia dos ríos Ohio e Little Kanawha, é a terceira maior cidade do Estado de Virxinia Occidental. É a sede de condado de Wood e a cidade principal da área metropolitana Parkersburg-Marietta-Vienna.

Modelo:Xeografía políticaParkersburg, Virxinia Occidental
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°15′58″N 81°32′32″O / 39.2661, -81.5422Coordenadas: 39°15′58″N 81°32′32″O / 39.2661, -81.5422
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoVirxinia Occidental
County of West Virginia (en) TraducirCondado de Wood (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación29.738 (2020) Editar o valor em Wikidata (932,07 hab./km²)
Número de fogares13.119 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaParkersburg-Vienna, WV Metropolitan Statistical Area (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:89.490) Editar o valor em Wikidata
Superficie31,90534 km² Editar o valor em Wikidata
Auga4,3182 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Ohio Editar o valor em Wikidata
Altitude187 m-187 m Editar o valor em Wikidata
Creación1810 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataTom Joyce (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico304 Editar o valor em Wikidata

Páxina webparkersburg-wv.com Editar o valor em Wikidata

O Bureau of the Public Debt (Axencia da Débeda Pública), unha axencia do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos, ten a súa oficina central nesta cidade.

Historia editar

Parkersburg foi orixinalmente chamada Newport cando foi trazada a finais do século XVIII. Unha parte da cidade foi deseñada sobre terras que gañou Alexander Parker polo seu servizo na Guerra Revolucionaria Americana. O conflito do nome entre Parker e os proxectistas da cidade de Newport resolveuse en 1809 en favor dos herdeiros de Alexander Parker. O pobo foi rebautizado por Parkersburg en 1810. Foi establecido pola Asemblea Xeral de Virxinia en 1820 e elevada a cidade en 1860.

Parkersburg era a terminal da autoestrada Staunton-Parkersburg e da Northwestern Turnpike (Autoestrada do Noroeste). En 1857 o ferrocarril de Baltimore e Ohio construíu unha ramificación para o pobo. Durante a Guerra Civil Estadounidense foi importante nos transportes e un centro médico. Despois da guerra volveuse un punto de transporte de gas e petróleo.

Xeografía editar

Parkersburg áchase a 39°15'58" Norte, 81°32'32" Oeste.

Segundo o United States Census Bureau, a cidade ten unha área total de 31'6 km2, dos cales 30'6 km2 son terra firme e sobre 1.0 km2 é auga, é dicir, o 3'19% da área total é auga. Parkersburg localízase a aproximadamente 205 msnm.[1]

A cidade atópase na confluencia do Río Ohio e do Río Little Kanawha. O Little Kanawha divide a cidade nunha zona norte e noutra sur.

Clima editar

O clima de Parkersburg é cálido durante o verán con temperaturas de arredor dos 30 °C e moi frío durante o inverno, cando as temperaturas son inferiores aos 0 °C.

O mes máis quente é xullo, que ten unha temperatura máxima media de 35 °C, e o mes máis frío do ano é xaneiro, sendo a temperatura mínima media de -5 °C.

A variación de temperatura entre a noite e o día tende a ser moderada durante o verán cunha diferenza que pode alcanzar os seis graos Celsius, sendo un pouco máis elevado este índice no inverno, cando a diferenza rolda os oito graos Celsius.

A media anual de precipitación en Parkersburg é de 1000 mm.[2]

Transportes editar

Parkersburg está atendido aereamente polo Aeroporto do Condado de Wood, con 3 voos diarios nos festivos cara ao Aeroporto Internacional Washington Dulles.

Barrios editar

Parkersburg Norte editar

Beechwood, Downtown, Fairview Heights, Granada Hills, Julia-Ann Square, Meadowcrest, Oakwood Estates, Quincy Hill, Riverside, Woodland Park, North End, Worthington, East End

Parkersburg Sur editar

Larkmead, Marrtown, Pettyville, Tavennerville, Washington

Media editar

O Parkersburg News e o Parkersburg Sentinel eran os diarios principais da cidade até que no 2009 se uniron para formar un único xornal, The Parkersburg News and Sentinel. A mesma compañía tamén publica o Marietta A.M. e o Graffiti, dúas revistas.

Hai moitas estacións de radio emitindo dende Parkersburg, como poden ser 106.1 Z106 (WRZZ),102.1 The River (WRVB), U.S. 107 WNUS, MIX 100 (WDMX), V96.9 (WVVV), WXIL, Froggy 99.1, e 103.1 The Bear.

WTAP, a filial local da NBC, é a principal telivisión local.[3]

Educación editar

Educación superior editar

Institutos editar

Parkersburg posúe o Parkersburg High School Big Reds, o Parkersburg South High School Patriots, e o Parkersburg Catholic High School Crusaders.

Ensinanza media editar

Neste eido podemos encontrar as escolas de Van Devender, Edison, e Hamilton.

Cultura editar

Museos editar

 
O Xulgado do Condado
  • Blennerhassett Museum of Regional History
  • Henry Cooper Log Cabin Museum
  • Oil and Gas Museum
  • Sumnerite African-American History Museum
  • Veterans Museum of Mid-Ohio Valley

Parques editar

  • Blennerhassett Island Historical State Park
  • Bicentennial Park
  • Corning Park
  • Point Park
  • Southwood Park
  • Quincy Park
  • City Park
  • Johnson T. Janes Park
  • Friendship Park
  • Fort Boreman Historical Park
  • Mountwood Park
  • Fries Park

Cidades irmás editar

Notas editar