Parker Lewis

(Redirixido desde "Parker Lewis Can't Lose")

Parker Lewis Can't Lose (no orixinal en inglés) ou simplemente Parker Lewis (nome que lle deron na tradución ao galego emitida na TVG) é unha serie de televisión estadounidense realizada pola Columbia Pictures Television e fortemente influenciada polo filme Ferris Bueller's Day Off. A serie foi exhibida orixinalmente na Fox Network de setembro de 1990 a xuño do 1993 (3 tempadas, 73 episodios).

CaracterísticasEditar

A serie retrata a vida do seu protagonista Parker Lewis en primeira persoa. Parker é un alumno do instituto Santo Domingo para quen nada é imposíbel. A súa principal preocupación é pasar polos turbulentos anos da puberdade con estilo e sen preocupacións, obxectivo que comparte coa súa namorada (Annie Sloan) e os seus amigos (Jerry Steiner e Mikey Randall) e que se ve dificultado pola súa irmá Shelly e a directora do instituto Grace Pitt.

Alén de varios aspectos da vida adolescente, inseridos con moito surrealismo, un estilo de vida quase cartunesco, os episodios regularmente conteñen referencias cinéfilas, políticas e de celebridades.

Personaxes principaisEditar

Tamén atuaron na serie Milla Jovovich, coma Robin Fecknowitz no episodio piloto e Rusty Schwimmer no episodio 24 da primeira tempada.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar