Coordenadas: 40°46′43″N 73°57′30″O / 40.7786, -73.9584

Park Avenue (antes Fourth Avenue, en galego Cuarta Avenida) é unha ampla avenida de Nova York, que se estende de norte a sur de Manhattan. Está cortada pola Grand Central Station que delimita Park Avenue North con Park Avenue South. A avenida é na súa maior parte paralela a Madison Avenue, situada ao oeste e a Lexington Avenue situada ao leste.

Park Avenue
Park Avenue South a nivel da rúa 23.
230 Park Avenue, Edificio Helmsley.

Descrición editar

Park Avenue North esta sobre todo considerada como barrio, de prezos inmobiliarios elevados, a nivel do Upper East Side. É a localización dun certo número de tendas de luxo que se instalaron na parte de Avenida Lexington.

Park Avenue North, até o nivel da rúa 90, pode ser considerado como a Avenida Foch de Nova York, debido ao seu verdor e a súa posición no centro de Manhattan. As dúas vías da avenida están separadas por unha fila de arbustos. Compostos de follas verdes e de flores, mantidos pola Fund for Park Avenue. A vía férrea de Grand Central, que é subterránea por Park Avenue, emerxe en Harlem ao norte da rúa 100.

Park Avenue South, que enlaza Grand Central en Union Square é moito máis activo, sede de numerosas oficinas, bancos, hoteis e compañías como General Atlantic[1]

Notas editar

  1. "General Atlantic". Linkedin. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar