Pardela curricacho
Pardela curricacho | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Puffinus griseus Gmelin, 1789 |
A pardela curricacho[1][2] ou pardela escura[3] (Puffinus griseus) é unha ave da familia Procellariidae. Posúe un amplo rango de distribución sendo unha das aves máis comúns na costa pacífica de Suramérica. Grandes migradoras, as pardelas curricacho chegan a volar até 910 km/día neste período.[4] Xa que logo, se ben cría na parte sur dos océanos, pode verse en Europa en verán e no outono. Deste xeito, pode atoparse en Irlanda, Gran Bretaña e na costa atlántica ibérica, de setembro a decembro. Posúe unha lonxitude duns 45 cm e unha envergadura de pouco máis dun metro.[5]
Notas
editar- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-2913-8.
- ↑ "pardela escura". TERGAL. Consultado o 18 de abril de 2024.
- ↑ Una épica migración - BBC Ciencia
- ↑ Hume, Rob (2002). Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega. ISBN 84-282-1317-8.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pardela curricacho |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pardela curricacho |