Papo da perna

proeminencia muscular situada na face posterosuperior da perna

O papo da perna, barriga da perna ou polpa[1] é unha proeminencia muscular, situada na face posterosuperior da perna, formada principalmente polos músculos gastrocnemio e sóleo. É innervado polo nervio tibial. A barriga da perna é avultada, moi carnosa, xa que está formada polo tríceps sural que reúne tres músculos: os dous músculos gastrocnemios -interno e externo- e o sóleo.

Papo da perna
O papo da perna é a parte de atrás da perna, por debaixo do xeonllo.
Músculos da coxa e do papo da perna
Nervio(s) Nervio tibial

Notas

  1. Formas recollidas no DRAG Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para barriga_da_perna. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papo_da_perna. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para polpa. Localmente tamén existen outras moitas formas como pantorra na entrada homónima en Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca, 1978, de Eligio Rivas Quintas., malia que tamén esa como pantorrilla aparecen sancionadas como incorrectas en dicionarios modernos como o Gran Dicionario Xerais ou directamente non recollida, como sucede no DRAG

Véxase tamén

Outros artigos


 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.