Pankrti fundado en 1977 en Ljubljana (Eslovenia) por aquel entón na República Federal Socialista de Iugoslavia, foi un coñecido grupo de Punk, un dos primeiros da escena punk iugoslava e do leste de Europa. Na época caracterizabase polas letras provocativas e explicitamente políticas, autodenomínandose a Primeira banda punk tralo pano de aceiro. Estiveron en activo ata 1987 e en 2007 uníronse de novo, ata a actualidade.

Pankrti
OrixeLjubljana, Eslovenia (RFS Iugoslavia)
Período19771987
2007-presente
Xénero(s)Punk
MembrosPeter Lovšin
Gregor Tomc
Bogo Pretnar
Dušan Žiberna
Marc Kavaš
Boris Kramberger
Slavc Colnarič
Na rede
MySpace: pankrti Musicbrainz: d9fa452e-f6ce-45b8-a9e5-462512a76dd6 Songkick: 283085 Discogs: 656363 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Os inicios da banda déronse en Kodeljevo, ás aforas de Ljubljana, da man de Gregor Tomc e Peter Lovšin que formaron o grupo. Xa dende o comezo estiveron moi influenciados polo Punk do Reino Unido, mantendo iso si un estilo propio tanto no son coma nas letras. O seu primeiro concerto foi en 1977 na escola secundaria de Moste, onde alternaron versións de grupos coma Sex Pistols, The Clash e New York Dolls con cancións propias.

Os seus primeiros éxitos foron Totalna revolucija (Revolución total), Lublana je bulana (Ljubljana está enferma) e Anarhist (Anarquista). O seu primeiro disco completo foi Dolgcajt (Aburrimento), publicado en 1978 e que tivo un grande éxito. O seu segundo traballo, Državni ljubimci (Os amantes do país), recibiu o premio ao mellor álbum de Iugoslavia en 1982. O seu terceiro álbum, Rdeči album (Álbum vermello), contén a versión da famosa canción revolucionaria italiana Bandiera rossa.

A causa da gran fama acadada por Pankrti en Iugoslavia influíu sobremaneira nunha nova xeración de grupos punk, tanto en Eslovenia coma a costa dálmata, Belgrado ou Vojvodina, os principais centros punk da República Federal Socialista. Esta influencia reflectiuse na edición de dúas películas co nome dos seus dous primeiros discos e con máis de dez libros escritos sobre a banda e o inicio do movemento punk en Iugoslavia.

Un dos seus últimos concertos antes da súa separación foi no ano 1987 no Hala Tivoli de Ljubljana, baixo o nome de Zadnji pogo v Ljubljani (O último pogo en Ljubljana). A banda reuniuse en 2007 para conmemorar o seu trinta aniversario na capital eslovena e continuaron dando concertos ata a actualidade, unha das súas últimas aparicións foi en 2011 no festival de música Schengenfest en Eslovenia.

Compoñentes

editar

Discografía

editar
  • 1978: Lublana je bulana (Sinxelo) (SKUC)
  • 1980: Dolgcajt (ZKP RTLJ)
  • 1981: Novi punk val
  • 1981: Namesto tebe (Sinxelo)
  • 1982: Državni ljubimci (ZKP RTLJ)
  • 1982: Svoboda (ZKP RTLJ)
  • 1984: Rdeči album (ZKP RTLJ)
  • 1985: Pesmi sprave (ZKP RTLJ)
  • 1985: Slovan (Sinxelo)
  • 1987: Sexpok (ZKP RTLJ)
  • 1992: Zbrana dela (Recompilatorio)
  • 1994: Zbrana dela II (Recompilatorio)
  • 1996: Zaboj (Recompilatorio)
  • 2007: Sabrana Dela

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar