Francisco Pego Pita
Francisco Pego Pita, nado en Ortigueira o 22 de febreiro de 1868 e finado na Habana o 13 de novembro de 1940, foi un tabaqueiro galego-cubano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1868 Ortigueira, España |
Morte | 13 de novembro de 1940 (72 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor |
Traxectoria
editarEmigrou á illa de Cuba en 1882 e entrou a traballar na fábrica tabaqueira Partagás, converténdose no seu xerente en 1906[1] e incorporándose como socio en 1914 compartindo propiedade con Ramón Cifuentes, denominándose a empresa Cifuentes, Pego y Compañía, aínda que mantivo Partagás como a marca dos seus produtos. Á súa fronte mellorou a calidade dos seus produtos e da súa fabricación[2], aumentando o prestixio da compañía e dos seus produtos, así como as exportacións aos mercados norteamericano, europeo e asiático. Foi presidente do Centro Gallego de La Habana en diversas ocasións (1925, 1929 e 1931) e tamén da Unión de Fabricantes de Tabaco e Cigarros.
Notas
editar- ↑ "Breve reseña histórica sobre la fábrica de tabacos Partagás" Arquivado 29 de maio de 2018 en Wayback Machine., Cuba Museo
- ↑ "Pancho Pego, más que un industrial tabaquero", Galicia Digital, 15 de xullo de 2011
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Pego Pita |