Panca analóxica

Panca analóxica do gamepad da Nintendo GameCube

A panca analóxica ou stick analóxico (frecuentemente confundida co joystick, mais é erróneo denominala así) é un dispositivo de entrada para un gamepad para dúas dimensións. Diferénciase do joystick pois, mentres que un joystick se basea en conexións eléctricas simples para o movemento, a panca analóxica consiste en actividade eléctrica continua obtida por potenciómetros. Aplicado a xogos, tal diferenza permite que unha panca analóxica indique non soamente que o xogador está a moverse para certo sentido, así como os joysticks, senón tamén a intensidade do movemento.[1][2]

En videoxogos, as pancas analóxicas son xeralmente utilizadas para mover un obxecto do xogo, como o protagonista. Tamén pode ser utilizada para mover ou rotar a cámara de visualización da escena. O seu uso é común en xogos 3D, nos cales son necesarias máis de oito direccións.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Saunders & Novak 2012, p. 89.
  2. PC Mag pp.192-193.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Saunders, Kevin; Novak, Jeannie (2012). Game Development Essentials: Game Interface Design (en inglés). Nova ork: Cengage Learning. 
  • "Joystics". PC Mag (en inglés) (Ziff Davis) 3 (12). 26 de xuño de 1984. ISSN 0888-8507. 

Outros artigosEditar