Pa amb tomàquet

(Redirección desde «Pan con tomate»)

O pa amb tomàquet, literalmente pan con tomate, é unha comida típica do mediterráneo español. Prepárase principalmente en Cataluña e tamén en Baleares, Valencia, Murcia e Aragón.

Pa amb tomàquet

Preparación

editar

A forma tradicional de comelo é a seguinte: O pan cortase en rebandas (llescas), móllase cun fío de aceite (oli), bótaselle un pouquiño de sal e frégase con tomate, xeralmente partido pola metade e moi maduro. Moita xente antes de mollar o pan con aceite úntao con allo. Aínda que se pode comer só, normalmente serve de acompañamento de xamón e embutidos. Tamén se pode facer torrando o pan (torrada).



 
 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.