Pakarripa foi un distrito do reino de Mitanni, situado aproximadamente ao sueste de Washukanni.[1]

A terra de Pakarripa rendeuse a Kili-Teshub e os seus protectores hititas, e o hurrita e o rei Piyasilis I de Karkemish, fillo do rei hitita Suppiluliumas I, estiveron aquí e tomaron posesión dela e, mentres estaban alí, chegoulles unha mensaxe informando de que os asirios marchaban contra eles; os hititas marcharon contra os asirios e estes retiráronse sen combater.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bernabé, Alberto; Álvarez-Pedrosa Núñez, Juan Antonio (2004). Historia y leyes de los hititas (en castelán). Madrid: AKAL. ISBN 84-460-2253-2.