Pachamama é unha deusa adorada polos pobos indíxenas dos Andes. Tamén é coñecida como a nai da Terra e do tempo.[1] Na mitoloxía inca, Pachamama é a deusa da fertilidade que preside o cultivo e a colleita, encarna as montañas e produce os terremotos. Ela tamén é unha divindade sempre presente e independente, que ten o seu propio poder creador para soster a vida na Terra.[1] Pachamama é a muller Pacha Kamaq e os seus fillos son Inti, o deus do Sol, e Killa, a deusa da Lúa.[2] Na cosmoloxía quechua, hai catro principios básicos da natureza baseados na auga, na terra, no Sol e na Lúa.[2] Despois da conquista dos españois, que forzaron a poboación a converterse ó catolicismo, a figura da Virxe María unificouse coa de Pachamama para moitos pobos indíxenas.[3]

Representación de Pachamama na cosmoloxía, segundo Juan de Santa Cruz Pachacuti Yamqui Salcamayhua (1613), baseado nun debuxo do Templo do Sol en Qurikancha, Cuzco.
  1. 1,0 1,1 Dransart, Penny. (1992) "Pachamama: The Inka Earth Mother of the Long Sweeping Garment." Dress and Gender: Making and Meaning. Ed. Ruth Barnes and Joanne B. Eicher. New York/Oxford: Berg. 145-63. Print.
  2. 2,0 2,1 Matthews-Salazar, Patricia. (2006) "Becoming All Indian: Gauchos, Pachamama Queens, and Tourists in the Remaking of an Andean Festival." Festivals, Toursism and Social Change: Remaking Worlds. Ed. David Picard and Mike Robinson. N.p.: Channel View Publications. 71-81. Print.
  3. Merlino, Rodolfo y Mario Rabey (1992). "Resistencia y hegemonía: Cultos locales y religión centralizada en los Andes del Sur". Allpanchis (en castelán) (40): 173–200. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Dransart, Penny. (1992) "Pachamama: The Inka Earth Mother of the Long Sweeping Garment." Dress and Gender: Making and Meaning. Ed. Ruth Barnes and Joanne B. Eicher. New York/Oxford: Berg. 145-63. Print.
  • Hill, Michael (2008) Inca of the Blood, Inca of the Soul: Embodiment, Emotion, and Racialization in the Peruvian Mystical Tourist Industry. Journal of the American Academy of Religion 76(2): 251-279
  • Hill, Michael D. (2010) Myth, Globalization, and Mestizaje in New Age Andean Religion: The Intic Churincuna (Children of the Sun) of Urubamba, Peru. Ethnohistory 57(2):263-289