Pablo Tineo
futbolista español
Pablo Jesús Rodríguez Fernández, alcumado Pablo Tineo, nado en Tinéu o 24 de febreiro de 1998, é un futbolista español, que xoga como centrocampista no Covadonga, da Segunda División RFEF.
Nome orixinal | Pablo Jesús Rodríguez Fernández |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de febreiro de 1998 (26 anos) Tinéu, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Centrocampista |
Traxectoria
editarComezou a xogar ao fútbol no Tineo, ata que en idade cadete ingresou na canteira do Real Oviedo.[1][2] Xogou co equipo xuvenil do club ovetense na División de Honra e rematada a súa etapa xuvenil fichou polo Avilés, da Terceira División. Militou unha campaña no clu avilesino e outra no Praviano, antes de dar o salto á Segunda B na tempada 2019/20, cando asinou co Langreo.[1]
En 2020 fichou polo Covadonga, e tras dous anos con problemas de lesións, comezou a destacar durante a tempada 2022/23.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Pablo Tineo se compromete un año más con el CD. Covadonga" (en castelán). 13 de xuño de 2023. Consultado o 15 de novembro de 2023.
- ↑ "Pablo Tineo: "Tenemos constancia de que puede que nos hagan un ERTE"" (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 2023.