Pablo Rivero
Pablo José Rivero Rodrigo, nado en Madrid o 11 de outubro de 1980, é un actor e escritor español coñecido por interpretar a Toni Alcántara na serie Cuéntame cómo pasó de Televisión Española.
![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1980 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, escritor ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarO papel que lle deu sona é o de Toni Alcántara na serie Cuéntame cómo pasó da Televisión Española, personaxe que interpretou regularmente desde a estrea desta produción en 2001 até a fin da serie en 2023. Este traballo compaxinouno co cine, participando en multitude de películas nos últimos anos entre as que cabe destacar El chocolate del loro (2004), de Ernesto Martín, ou La noche del hermano (2005), de Santiago García de Leániz.
Posou para o polémico fotógrafo e cineasta Bruce LaBruce. O seu retrato, caracterizado como un anxo provocativo, incluíse nunha mostra sobre LaBruce en Madrid en febreiro de 2012.
En 2017, o actor escribe a súa primeira novela, No volveré a tener miedo; un suspense familiar ambientado na década de 1990 que indaga nas causas dun parricidio.
En xuño de 2020 publica a súa segunda novela, Penitencia, onde narra a historia dun actor atormentado polo personaxe de asasino que leva vinte anos interpretando e que o deixa todo para retirase a unha casa perdida no bosque. Estraños sucesos impedirán que o protagonista poida esquecer o seu alter ego.
Vida persoal
editarEn setembro de 2020, Rivero revelou publicamente a súa homosexualidade, ao tempo que daba a coñecer que tiña un fillo en común coa súa parella.[1]
Cine
editar- Café de puchero (1998), de Luis Miguel González Cruz.
- Menos es más (2000), de Pascal Jongen.
- Clara y Elena (2001), de Manuel Iborra.
- Muerte súbita (2002), de Pablo Guerrero.
- El chocolate del loro (2004), de Ernesto Martín.
- Esta es la noche (2005), de Ana Rodríguez Rosell.
- La noche del hermano (2005), de Santiago García de Leániz.
- El ciclo Dreyer (2006), de Álvaro del Amo.
- Villa tranquila (2007), de Jesús Mora.
- No me pidas que te bese, porque te besaré (2008), de Albert Espinosa.
- Íntimos y extraños (2009), de Rubén Alonso.
- Tres metros sobre el cielo (2010), de Fernando González Molina.
- De tu ventana a la mía (2011), de Paula Ortiz.
- Viral (2013), de Lucas Figueroa.
- Neckan (2015), de Gonzalo Tapia.
- Paella Today (2018), de César Sabater.
- ¿Qué te juegas? (2019), de Inés de León.
Televisión
editarSeries
editarAno | Serie | Canal | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
1999 - 2000 | El comisario | Telecinco | Botóns | 2 episodios |
2000 | Compañeros | Antena 3 | Fer | |
La ley y la vida | La 1 | Pipo | 5 episodios | |
La casa de los líos | Antena 3 | Ramiro | 1 episodio | |
2001 | Ciudad sur | Federico | 3 episodios | |
Paraíso | La 1 | 1 episodio | ||
Antivicio | Antena 3 | |||
2001 - presente | Cuéntame cómo pasó | La 1 | Antonio "Toni" Alcántara Fernández | ¿? episodios |
Programas
editarAno | Programa | Canal | Función | Notas |
---|---|---|---|---|
2017 | Hora punta | La 1 | Invitado | 1 programa |
2020 | Pasapalabra | Antena 3 | Invitado | 3 programas |
2021 | Celebrity Bake Off | Amazon Prime Video | Concursante | 10 programas - Gañador |
2022 | Las tres puertas | La 1 | Invitado | 1 programa |
Teatro
editarObras
editar- No volveré a tener miedo (2017, SUMA)
- Penitencia (2020, SUMA)
- La niñas que soñaban con ser vistas (2021, SUMA)
- La cría (2022, SUMA)
Notas
editar- ↑ RTVE.es (15 de setembro de 2020). "Pablo Rivero comparte que es gay y tiene un hijo con su pareja". RTVE.es (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2020.
- ↑ "Veronese hace volar a «La gaviota»". archive.vn. 9 de decembro de 2012. Archived from the original on 09 de decembro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2020.
- ↑ "SIEMPRE ME RESISTÍ A QUE TERMINARA EL VERANO". Madrid Es Teatro (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2020.