Pablo Jarillo Herrero
Pablo Jarillo Herrero (Valencia, 11 de xuño de 1976) é un físico experimental español,[1][2] Premio Wolf de Física en 2020,[1][3]
Nome orixinal | (es) Pablo Jarillo-Herrero |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de xuño de 1976 (48 anos) Valencia, España |
Educación | Universidade Técnica de Delft - doutoramento (2001–2005) Universidade de California en San Diego - Mestrado (1999–2001) Universidade de Valencia - Licenciatura (1994–1999) |
Director de tese | Leo Kouwenhoven |
Actividade | |
Campo de traballo | Física da materia condensada |
Ocupación | profesor universitario, físico |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (2008–) |
Obra | |
Doutorando | Laura C. Popa (en) |
Premios | |
| |
Biografía
editarLicenciado en Física na Universidade de Valencia (1999), fixo o posgrao na Universidade de California en San Diego e o doutoramento na Universidade Técnica de Delft (2005) con Leo P. Kouwenhoven como director de tese. Pasou logo á Universidade de Columbia (Nova York), e no 2008 ó Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) como profesor e investigador. O seu campo de estudo son as propiedades electrónicas e ópticas de materiais bidimensionais como o grafeno, na área de Física da Materia Condensada.[4] destacan as súas achegas sobre transistores cuánticos en nanotubos de carbono[5] e a superconductividade dos sistemas sinxelos de dúas láminas de grafeno ó xirar unha sobre outra 1,1 grados, traballo que amosou na práctica as ideas expostas por Allan MacDonald e Rafi Bistritzer.[6][1]
Premios e distincións
editar- Premio a Investigadores Noveles 2006 da Real Sociedad Española de Física.
- Presidential Early Career Award for Scientists and Engineers (PECASE) 2012 (outorgado polo Presidente dos Estados Unidos Barack Obama.
- ONR Young Investigator Award 2013.[7]
- Premio Oliver E. Buckley de Materia Condensada 2020 polo descubrimento da superconductividade do grafeno ó apilarse en dúas capas orientadas en ángulo.
- Premio Wolf en Física 2020, compartido con Allan MacDonald e Rafi Bistritzer.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Pablo Jarillo-Herrero". Wolf Foundation (en inglés). 2020-01-13. Arquivado dende o orixinal o 13/01/2020. Consultado o 3/2/2020.
- ↑ Científicas, SINC Servicio de Información y Noticias (6/10/2018). "El grafeno es tan raro que todavía estamos pensando qué hacer con él". www.agenciasinc.es (en castelán). Consultado o 3/2/2020.
- ↑ SINC, Agencia. "El español Pablo Jarillo gana el Premio Wolf de Física por encontrar el 'ángulo mágico' del grafeno". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2/2/2020.
- ↑ "¿por qué El grafeno cambiará el mundo?". Las Provincias (en castelán). 2018-03-30. Consultado o 2020-02-03.
- ↑ "Noticia UPV: El prestigioso físico del MIT, Pablo Jarillo, ofrece el lunes 23 de diciembre un coloquio en el cubo amarillo de la CPI - Universitat Politècnica de València". www.upv.es. Consultado o 3/2/2020.
- ↑ Científicas, SINC Servicio de Información y Noticias (2018-03-05). "Un giro ‘mágico’ dota de superconductividad al grafeno". www.agenciasinc.es (en castelán). Consultado o 2020-02-03.
- ↑ "Pablo Jarillo-Herrero". cientificosus.es. Arquivado dende o orixinal o 07/10/2018. Consultado o 3/2/2020.