Pablo Honey

álbum de Radiohead

Pablo Honey é o álbum de estrea da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, lanzado o 22 de febreiro de 1993. No traballo inclúense tres sinxelos que entraron nas listas: "Anyone Can Play Guitar", "Stop Whispering" e "Creep", que talvez sexa a canción máis coñecida do grupo. Pablo Honey acadou o número 22 nas listas británicas e foi disco de platino en varios países.

Pablo Honey
Álbum de Radiohead
Publicado22 de febreiro de 1993
Gravaciónsetembro - novembro de 1992
Estudio(s)Chipping Norton w Countryard studios, Oxfordshire
Duración42:11
Xénero(s)rock alternativo, post-grunge
Selo(s)Parlophone, Capitol
ProdutorSean Slade, Paul Q. Kolderie
Cronoloxía
Drill Pablo Honey Itch
Na rede
Discogs: 13344 Allmusic: mw0000095971 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Despois da edición de Pablo Honey, a banda desviouse do seu estilo post-grunge introspectivo, con letras autocríticas cara a un traballo máis amplo e experimental. O álbum non recibiu tanta atención como os seus posteriores discos, pero tivo boas críticas.

Listaxe de cancións

editar

Todos os temas compostos por Radiohead.

Todas as letras escritas por Thom Yorke, toda a música composta por Radiohead, agás "Creep", composta por Radiohead, Mike Hazlewood e Albert Hammond.

N.º Título Duración
1. "You"   3:29
2. "Creep"   3:56
3. "How Do You?"   2:12
4. "Stop Whispering"   5:26
5. "Thinking About You"   2:41
6. "Anyone Can Play Guitar"   3:38
7. "Ripcord"   3:10
8. "Vegetable"   3:13
9. "Prove Yourself"   2:25
10. "I Can't"   4:13
11. "Lurgee"   3:08
12. "Blow Out"   4:40
42:11