Pabaigh (en inglés: Pabbay) é unha das illas Barra no sur das Hébridas Exteriores (Escocia). O nome vén de Papey, que en nórdico antigo significaba "illa dos papar" (monxes). Con só 250 hectáreas nunca tivo unha poboación numerosa, e a comezos do século XX quedou abandonada tras da morte o 1 de maio de 1897 da maioría dos homes adultos nunha forte tormenta mentres pescaban.

Pabaigh vista ao lonxe

Desde 2000 o propietario da illa é o National Trust for Scotland. Con só dúas ovellas en 2007 e practicamente sen outro mamífero, na illa nidifican no verán numerosas aves debido á ausencia de predadores.