PWHL Toronto
O PWHL Toronto é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Toronto, Canadá. É unha das seis franquías da Professional Women's Hockey League (PWHL). Toronto xoga os seus partidos como local no Mattamy Athletic Centre, aínda que tamén ten xogado no Scotiabank Arena.
PWHL Toronto | |
---|---|
Fundación | 29 de agosto de 2023 |
Cidade | Toronto, Ontario Canadá |
Estadio | Mattamy Athletic Centre (3 850 persoas) Scotiabank Arena (18 800 persoas) |
Liga | Professional Women's Hockey League |
Director | Gina Kingsbury |
Adestrador | Troy Ryan |
Cores | Azul, negro e branco |
Na rede | |
Historia editar
O 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada en Toronto.[1] O 1 de setembro a liga anunciou que Gina Kingsbury, a antiga vicepresidenta de opperacións de Hockey Canada e directora xeral da selección canadense, sería a directora xeral do equipo.[2][3] O 15 de setembro anunciouse qu Troy Ryan, o seluccionador do equipo feminino do Canadá, sería o primeiro adestrador do equipo.[4][5]
Notas editar
- ↑ Wyshynski, Greg (29 de agosto de 2023). "Six inaugural franchises revealed for new PWHL". ESPN (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ "PWHL names six general managers as teams begin roster construction". Sportsnet (en inglés). 1 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ Kennedy, Ian (1 de setembro de 2023). "Gina Kingsbury To Step Away From Role With Hockey Canada". The Hockey News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 9 de setembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ "Ryan, MacLeod headline PWHL coaches". Sportsnet (en inglés). 15 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ Ngabo, Gilbert (15 de setembro de 2023). "Team Canada coach Troy Ryan adds Toronto PWHL job". Toronto Star (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Sitio web oficial (en inglés)