Partido Socialista de Navarra

Federación do Partido Socialista Obrero Español na Comunidade Autónoma de Navarra (España)
(Redirección desde «PSN-PSOE»)

O Partido Socialista de Navarra (PSN-PSOE) (en éuscaro Nafarroako Alderdi Sozialista) é a federación do Partido Socialista Obreiro Español na Comunidade Foral de Navarra. Constituíse en xuño de 1982, cando a Agrupación Socialista de Navarra do PSOE, integrada até aquelas no Partido Socialista de Euskadi (PSE), segregouse deste para formar a súa propia federación.

Partido Socialista de Navarra
Logo
Tipopartido político español
IdeoloxíaSocialdemocracia
Data de fundación1974
Presidente/aRoberto Jiménez (pt) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
Secretario/aMaría Chivite
SedePamplona
PaísEspaña
Na rede
http://www.psn-psoe.org/
editar datos en Wikidata ]

Gobernou Navarra en tres ocasións, ostentando en dúas delas a presidencia: 1984-1991 (con Gabriel Urralburu como presidente e en solitario), e en 1995-1996 (con Javier Otano como presidente, e en coalición con CDN e EA). De 2011 a 2012 gobernou en coalición con UPN (con Yolanda Barcina como presidenta e Roberto Jiménez como vicepresidente do goberno).

O 15 de xuño de 2012, a presidenta do Goberno de Navarra, Yolanda Barcina, destituíu o vicepresidente e secretario xeral do PSN, Roberto Jiménez, acusándoo de "comportamento desleal" por ter denunciado un déficit nas contas públicas da comunidade foral. Este feito provocou o abandono do PSN do goberno e o seu paso á oposición.[1]

Líderes editar

Desde a súa fundación en 1982, o PSN tivo como secretarios xerais a:

Organización xuvenil editar

A organización xuvenil afín ao PSN-PSOE é Juventudes Socialistas de Navarra ("Nafarroako Gazte Sozialistak" en éuscaro e cooficialmente), e está integrada nas Xuventudes Socialistas de España.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar