PDF/E é unha subclasificación do estándar PDF.

DescriciónEditar

PDF/E é un formato definido a través de variacións do estándar PDF, deseñado para ser un formato de intercambio aberto e neutral para a enxeñería e a documentación técnica.[1] Este estándar emprégase para documentos específicos do sector xeospacial, inmobiliario e para as industrias de manufactura. Ademais emprégase para o seguimento e control dos fluxos de traballo e proceso, coñecidos en inglés coma workflows. A especificación ademais soporta contido interactivo, incluíndo animacións e 3D.

Os beneficios principais do PDF/E abranguen:

  • Reduce os requirimentos propios dos softwares propietarios, xeralmente caros ou complexos
  • Menores custos asociados ó almacenamento e intercambio (en comparación co papel)
  • Intercambio fiable e trazable entre múltiples aplicacións e plataformas
  • É auto-contido
  • Ofrece ferramentas precisas e económicas para capturar markups
  • Desenvolvido e mantido polo comité ISO adicado ó PDF/E

O estándar non define un método para a creación ou conversión do papel ou documentos electrónicos ó formato PDF/E.

A ISO 24517 (PDF/E) foi creada para satisfacer as necesidades das organizacións que necesitan crear, intercambiar e revisar de maneira fiable documentos de enxeñería, porén, a primeira parte do estándar non ten en conta o 3D, o vídeo ou outro contido dinámico, como tampouco se ocupa de integrar os datos de orixe.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar