Passive Aerodynamically Stabilized Magnetically Damped Satellite - Satellite Test Unit

(Redirección desde «PAMS-STU»)

Passive Aerodynamically Stabilized Magnetically Damped Satellite - Satellite Test Unit, abreviadamente PAMS-STU, foi un satélite artificial lanzado o 19 de maio de 1996 desde o transbordador espacial Endeavour.[2][5][6]

PAMS-STU
TipoCientífico / Tecnolóxico
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento19 de maio de 1996, 10:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial Endeavour[2][5]
Sitio de lanzamentoBase de lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6]
Obxectivo da misiónProba de deseño de novo sistema de estabilización.[2][6]
Regreso26 de outubro de 1996[1]
NSSDC ID1996-032D
Masa35 kg[5]

Características editar

PAMS-STU foi deseñado para probar un sistema de estabilización pasivo aerodinámico con amortiguación magnética. O satélite tiña forma cilíndrica, cunha distribución de masa desigual e dúas varillas magnéticas cuxa interacción co campo magnético terrestre supúñase que amortiguaría calquera xiro do satélite.[1][2][5][6]

A tecnoloxía que PAMS-STU debía desenvolver pretendíase usar no satélite Gravity and Magnetic Earth Surveyor (GAMES), que finalmente foi cancelado.[1][2][5][6]

PAMS-STU foi lanzado desde a bodega de carga do transbordador Endeavour, pero diversos fallos impediron que o satélite fixera medicións completas. Aínda así os astronautas do transbordador comprobaron visualmente que o satélite parecía estable e a misión considerouse exitosa.[1][2][5][6]

O satélite reentrou na atmosfera o 25 de outubro de 1996.[1][2][5][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PAMS STU" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (26 de agosto de 2014). "PAMS-STU" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2016. 
  3. "Note verbale dated 21 March 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-22218T). 8 de abril de 1997: 12. Consultado o 9 de xaneiro de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "PAMS STU" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 9 de xaneiro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Gunter Dirk Krebs (2015). Gunter's Space Page, ed. "PAMS-STU" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "PAMS" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2016.