PAGEOS 1 (acrónimo de Passive Geodetic Earth Orbiting Satellite) foi un satélite artificial da NASA lanzado o 24 de xuño de 1966 mediante un foguete Thor-SLV2A Agena-D desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][3]

PAGEOS 1 / Passive Geodetic Earth Orbiting Satellite 1
Proba de inflado de PAGEOS
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1][2][3]
Data de lanzamento24 de xuño de 1966, 00:12 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorThor-SLV2A Agena-D[1][3]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[1][2]
Obxectivo da misiónEstudos xeodésicos.[1][2]
Decaemento2 de setembro de 2016[4]
NSSDC ID1966-056A
Masa56,7 kg[1]
DimensiónsEsfera de 30,48 m de diámetro.

Características editar

PAGEOS 1 era unha esfera inflable de 30,48 m de diámetro sen instrumentación a bordo. Foi o segundo satélite, despois de GEOS 1, do Programa Nacional de Satélites Xeodésicos. A estrutura da esfera estaba formada por 84 varas de ata 48 m de longoe dúas tapas para os polos da esfera soportando unha capa de milar de 0,0127 mm de espesor.[1][2][3]

A misión de PAGEOS 1 foi servir de obxectivo para medicións xeodésicas grazas á súa alta reflectividade tanto no rango de luz visible como para as microondas. Foi inxectado nunha órbita inicial de 4191 x 4276 km e reentrou na atmosfera o 2 de setembro de 2016.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (14 de maio de 2020). "PAGEOS 1" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2020). "Pageos" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PAGEOS 1" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "PAGEOS 1" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  5. Claude Lafleur (2020). "Pageos A" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  6. "Letter dated 26 August 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (66-21541). 2 de setembro de 1966: 2. Consultado o 29 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar