ASTEX

(Redirección desde «P71-2»)

ASTEX, tamén coñecido como S71-2, SESP 1971-2 e P71-2, é un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 17 de outubro de 1971 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea mediante un foguete Delta.[3][4]

ASTEX / SESP 1971-2 / S71-2 / P71-2
TipoDemostrador tecnolóxico / Científico
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos / Departamento de Defensa[1]
Satélite deTerra
Data de lanzamento17 de outubro de 2011[1]
Foguete portadorThor Agena D
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea
NSSDC ID1971-089A
Masa1500 kg[1]
Datos orbitais
Semieixo maior7115,7 km[2]
Inclinación92,7 graos[2]
Apoapse757,9 km[2]
Periapse731,5 km[2]

Características editar

A misión de ASTEX consistiu en probar novas tecnoloxías no espazo, levando entre a súa carga útil unha cámara infravermella para probar un circuíto pechado de enfriamento e estudar a radiación celeste de fondo. A enerxía llela proporcionaba un panel solar despregable de 4,57 metros de lonxitude[4] cun novo mecanismo capaz de pregar e despregar varias veces o panel. O satélite tamén probou un novo sistema de mando e control e obtivo datos sobre a interacción das partículas enerxéticas coa ionosfera.[1] A nave e os seus experimentos funcionaron ben ata o 20 de decembro de 1973, en que fallou un comando enviado para parar o transmisor, producíndolle problemas. A cobertura de datos abarcou o 100% nos primeiros meses de vida do satélite, o 50% cara ao final do primeiro ano e limitouse a dúas órbitas por semana cara ao final da vida do satélite.[1] Con todo, en marzo de 2008 aínda se detectaban transmisións do satélite na frecuencia de 2242,517 MHz[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 NASA (8 de xullo de 2011). "S71-2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Trackin, ed. "ASTEX 1" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  3. Ralf Vandebergh (31 de agosto de 2010). Visual Satellite Observer's Home Page, ed. "ASTEX 1971-089A_High Res_OBS" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ASTEX (P71-2)" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  5. Robert Christy (2011). Zarya web page, ed. "Satellite Radio Frequencies" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2011.