Púlpitos de San Lourenzo

Os Púlpitos de San Lourenzo, realizados en bronce para a basílica de San Lourenzo de Florencia, foron as obras escultóricas que concluíron a actividade artística de Donatello, que dende 1460 se fixera cargo da súa planificación e deseño. O traballo fíxoo coa axuda de numerosos axudantes, entre eles destacaron Bartolomeo Bellano e Bertoldo di Giovanni.[1]

Interior da basílica de San Lourenzo de Florencia, onde se aprecia a situación dos púlpitos.

O púlpito é un accessorio arquitectónico das igrexas destinado á predicación, consistente nunha sorte de balcón, colocado a unha certa altura por riba dos fieis, accesible por unha escaleira. No adoita atoparse no presbiterio, senón apegado á parede ou a unha columna illada ou sostido por un pedestal. De pedra ou madeira, a miúdo son elementos dunha gran riqueza artística.[2]

O púlpito da Resurrección (en italiano: Pulpito della Resurrezione) está considerado como o primeiro en construírse e onde máis participou Donatello. O seu tamaño é meirande que o da Paixón: a medida é de 292 cm de lonxitude e 123 de altura, sen contar coas columnas sobre as que repousa.

O púlpito da Paixón (en italiano: Pulpito della Passione) foi probablemente o segundo en realizarse, e polo tanto, foi máis importante a colaboración dos axudantes. É lixeiramente máis pequeno que o púlpito da Resurrección, cunhas medidas de 280 cm de lonxitude e 137 cm de altura, sen contar coas columnas sobre as que repousa.

Notas editar

  1. Historia del Arte Espasa (2004) p. 699.
  2. Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "trona". Gran Enciclopèdia Catalana. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2009.