Pílula anticonceptiva
Os contraceptivos orais, máis coñecidos como pílulas anticonceptivas ou, sinxelamente, a pílula, é un método contraceptivo feminino que consta dunha pastilla que contén hormonas sexuais femininas, unha combinación de estróxenos (estradiol) e proxestáxeno (proxesterona). Cando se toman por vía oral diariamente, estas pílulas inhiben a fertilidade feminina. A súa eficacia depende dos estudos realizados, e pode oscilar entre o 0,3 e 8 embarazos/muller/ano.
As pílulas foron inicialmente aprobadas para uso anticonceptivo nos Estados Unidos en 1960, e son unha forma moi popular de control da natalidade. Son usadas no presente por máis de 100 millóns de mulleres en todo o mundo e case 12 millóns de mulleres só nos Estados Unidos.[1] O seu uso varía enormemente segundo o país,[2] a idade, a escolaridade e o estado civil. Un terzo das mulleres entre 16-49 anos no Reino Unido utilizan a pílula que só contén o proxestáxeno ou a pílula combinada.[3][4]
As dúas formas de pílula están na Lista de Medicamentos Esenciais da Organización Mundial da Saúde, os medicamentos máis importantes, necesarios nun sistema básico de saúde.[5] A pílula foi un catalizador para a revolución sexual.[6] Os historiadores acreditan a pílula como o contraceptivo máis importante na transferencia de poder sobre os dereitos reproductivos dos homens para as mulleres.[7]
As pílulas anticonceptivas non protexen contra as doenzas de transmisión sexual como o VIH (SIDA), Chlamydia, herpes xenital, gonorrea, hepatite B ou sífilis). Se se desexa unha protección contra as infeccións de transmisión sexual é preciso empregar o preservativo ou o preservativo feminino.
Notas
editar- ↑ Mosher WD, Martinez GM, Chandra A, Abma JC, Willson SJ (2004). "Use of contraception and use of family planning services in the United States: 1982–2002" (PDF). Adv Data (350). pp. 1–36. PMID 15633582. all US women aged 15–44
- ↑ UN Population Division (2006). United Nations, ed. World Contraceptive Use 2005 (PDF). Nova York. ISBN 92-1-151418-5. women aged 15–49 married or in consensual union
- ↑ David Delvin. "Contraception – the contraceptive pill: How many women take it in the UK?". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2011. Consultado o 22 de maio de 2018.
- ↑ Taylor, Tamara; Keyse, Laura; Bryant, Aimee (2006). Office for National Statistics, ed. Contraception and Sexual Health, 2005/06 (PDF). Londres. ISBN 1-85774-638-4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xaneiro de 2007. Consultado o 22 de maio de 2018. British women aged 16–49: 24% currently use the Pill (17% use Combined pill, 5% use Minipill, 2% don't know type)
- ↑ "WHO Model List of EssentialMedicines" (PDF). World Health Organization. outubro de 2013. Consultado o 22 de abril de 2014.
- ↑ Harris, Gardiner (3 de maio de 2010). New York Times, ed. "The Pill Started More Than One Revolution". New York Times. Consultado o 2015-09-21.
- ↑ Roberts, J.M. (2013). The Penguin History of the World, Sixth Edition. Nova York: Penguin. pp. 1028.