Pé de boi

especie de planta

O pé de boi (Oenanthe crocata) é unha especie de planta con flor pertencente á familia Apiaceae.[1]

For publicada por primeira vez por Linneo no Species Plantarum 1: 254. 1753.[2]

Na Terra Chá recibe o nome de nabo de san Pedro[3].

Trátase dunha planta moi tóxica, a súa inxestión pode resultar velenosa, quer para o home, quer para certos tipos de gando.[4]

GalizaEditar

Trátase dunha especie moi común en todo o territorio galego[5].

ProtecciónEditar

Non está a ser protexida pola lexislación galega nin a europea.

NotasEditar

  1. Oenanthe crocata - Flora Digital de Portugal. jb.utad.pt/flora.
  2. Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. 4 de Outubro de 2014 <http://www.tropicos.org/Name/1703648>
  3. Anllo Naveiras, Josefina Luisa (2010). Estudio etnobotánico de la Comarca de Terra Chá. Universidade de Santiago de Compostela. p. 177. 
  4. "Flora-On | Flora de Portugal". Consultado o 2021-06-21. 
  5. Adrián López López e Francisco Bañobre González. Informe fenoloxía primavera 2008. ProxectoRíos.