Condado de Pärnu
O condado de Pärnu ou Pärnumaa (en estoniano: Pärnu maakond ou Pärnumaa) é un dos 15 condados ou maakond de Estonia. Está situado na parte suroccidental do país á beira do golfo de Riga. Limita ao norte cos condados de Lääne e Rapla, ao leste cos de Järva e Viljandi e ao sur con Letonia. No ano 2024 o condado tiña unha poboación de 87 891 habitantes.[1]

Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Estonia ![]() | ||||
Capital | Pärnu ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 87.418 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5.418,73 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
ISO 3166-2 | EE-68 ![]() | ||||
O condado de Pärnu é o condado máis grande de Estonia en termos de superficie terrestre.
Goberno rexional
editarA reforma administrativa en Estonia aboliu os gobernos dos condados a finais de 2017. Antes diso, o goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) estaba dirixido por un gobernador ou maavanem, que era nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.
Municipios
editarO condado está subdividido en municipios. Tras a reforma administrativa de 2017 pasou de ter 2 municipios urbanos e 19 rurais a quedar dividido en tan só un municipio urbano (estoniano linnad - cidades) e seis concellos rurais (estoniano: vallad - comunas).
Rango | Concello | Tipo | Poboación
(2024)[1] |
Área
km2 |
Densidade |
---|---|---|---|---|---|
1 | Häädemeeste | rural | 4 725 | 494 | 9,6 |
2 | Kihnu | rural | 520 | 17 | 30,6 |
3 | Lääneranna | rural | 5 019 | 1 352 | 3,7 |
4 | Põhja-Pärnumaa | rural | 8 027 | 1 013 | 7,9 |
5 | Pärnu | urbano | 52 703 | 855 | 61,6 |
6 | Saarde | rural | 4 386 | 1 065 | 4,1 |
7 | Tori | rural | 12 511 | 611 | 20,5 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "RV0240: Rahvastik soo, vanuse ja elukoha järgi, 1. Jaanuar". PxWeb (en estoniano). Consultado o 2025-04-13.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Condado de Pärnu |
Ligazóns externas
editar- Pärnumaa - Páxina oficial
A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |