Condado de Rapla
O Condado de Rapla (en estoniano: Rapla maakond ou Raplamaa) é un dos 15 condados ou maakond da Estonia. Está situado na parte noroeste do país e limita co condado de Järva ao leste, co de Pärnu ao sur, co de Lääne ao oeste e co de Harju ao norte. No ano 2024 o condado de Rapla tiña unha poboación de 34 246 habitantes.[1]
Rapla maakond (et) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Estonia ![]() | ||||
Capital | Rapla ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 34.038 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.765,06 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
ISO 3166-2 | EE-71 ![]() | ||||
Goberno rexional
editarA reforma administrativa en Estonia aboliu os gobernos dos condados a finais de 2017. Antes diso, o goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) estaba dirixido por un gobernador ou maavanem, que era nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.
Municipios
editarO condado está subdividido en municipios. Tras a reforma administrativa de 2017 pasou de ter 10 municipios rurais (estoniano: vallad) a ter 4 tras a fusión de varios deles:
Rango | Concello | Tipo | Poboación
(2024)[1] |
Área
km2 |
Densidade |
---|---|---|---|---|---|
1 | Kehtna | rural | 5 499 | 512 | 10,7 |
2 | Kohila | rural | 7 834 | 230 | 34,1 |
3 | Märjamaa | rural | 7 389 | 1 174 | 6,3 |
4 | Rapla | rural | 13 524 | 849 | 15,9 |
Galería
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 "RV0240: Rahvastik soo, vanuse ja elukoha järgi, 1. Jaanuar". Eesti statistika (en estoniano). Consultado o 2025-04-16.
Véxsae tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Estonia |
Ligazón externa
editar- Raplamaa - Páxina oficial.