Abrir o menú principal
Parsec

Parsec[1] (pc) é unha unidade de lonxitude usada en astronomía para medir grandes distancias. O nome é un acrónimo formado en inglés a partir das palabras paralax 'paralaxe' e second 'segundo'[2].

Parsec é a distancia a cal se debería situar un observador para ver a distancia dunha unidade astronómica (UA), equivalente á distancia da Terra ao Sol, baixo un ángulo dun segundo de arco (1").

1 parsec (pc) equivale a 3,2616 anos luz, a 206.265 unidades astronómicas (UA) e a 3,08568025×1016 m.

Tanto esta unidade como os seus múltiplos kiloparsec (kpc., mil pársecs, ou 3262 anos luz ) e megaparsec (Mpc., un millón de parsecs, ou 3,26 millóns de anos luz ) son moi utilizados para indicar as enormes distancias cósmicas en medidas de distancias espaciais en traballos científicos de astronomía galáctica e extra-galáctica.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. "parsec". TERGAL. Consultado o 10/06/2019. 
  2. "parsec". Oxford Dictionaries. Consultado o 10/06/2019.