Otto José Cameselle Barcia
Otto José Cameselle Barcia, nado en Vigo o 17 de xuño de 1921 e finado en Palma o 24 de abril de 1976, foi un xuíz e poeta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1921 Vigo, España |
Morte | 24 de abril de 1976 (54 anos) Palma, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarEstudou Dereito en Santiago de Compostela aínda que rematou a carreira en Madrid. Foi o xuíz máis novo de España, como xuíz de primeira instancia en Redondela, actuando despois en Ocaña e Santa Cruz de Tenerife. Finalmente ocupou praza como maxistrado da Audiencia Territorial de Palma, onde casou en 1968 con Ana María Montis Suau [1]. Permaneceu en Palma ata a súa morte.
Amigo persoal de Ramón González-Alegre, daquela residente en Vigo (1949), colaborou con el na edición nesta cidade da revista literaria Alba, aparecendo canda el na dirección da revista. Publicou distintos poemas nos números 3 a 7 desta revista.
En 1950 apareceu o seu poemario Poesías de la razón cordial. Posteriormente escribiu outro libro de poemas, Esencia del hombre, que nunca chegou a editarse.
Notas
editar- ↑ Artigo en La Vanguardia, 6 de novembro de 1968 (en castelán).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Repertorio biobibliográfico na edición facsimilar de Alba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995, px. 702 [1].