Otros días vendrán

filme de 2005 dirixido por Eduard Cortés

Otros días vendrán é unha película española dirixida por Eduard Cortés en 2005 e protagonizada por Fernando Guillén, Álex Angulo, Cecilia Roth, Antonio Resines, Nadia de Santiago, Nacho Aldeguer e Reyes Calzado.

Outros días virán
Ficha técnica
Título orixinalOtros días vendrán
DirectorEduard Cortés
ProdutorEnrique Cerezo
Pedro Costa
GuiónEduard Cortés
Piti Español
IntérpretesFernando Guillén
Álex Angulo
Cecilia Roth
Antonio Resines
Nadia De Santiago
Nacho Aldeguer
Reyes Calzado
MúsicaXavier Capellas
FotografíaJosé Luis Alcaine
MontaxeAnastasi Rinos
Estrea2005
Duración104 min.
OrixeEspaña
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0432999 Filmaffinity: 502856 Rottentomatoes: m/otros_dias_vendran Allmovie: v338078 Editar o valor em Wikidata

A súa trama xira arredor dunha historia de amor e as perversidades, onde Cecilia Roth e Antonio Resines dan vida a unha parella que ten que superar múltiples obstáculos para poder empezar e consolidar a súa relación. A loita pola vida, polo amor e por encontrar unha existencia mellor son os temas nos que se centra Otros días vendrán.

Sinopse editar

Alicia (Cecilia Roth) é unha profesora de instituto que vive coa súa filla e coa frustración dun doloroso erro sentimental que aínda lle doe. A súa vida é un desastre no plano amoroso e sexual e a súa existencia é completamente anódina. Para pór remedio acostuma establecer relacións a través dun chat en Internet, mais a maioría das veces é insatisfactorio cando non desagradable. Con todo, cando Alicia ten a posibilidade de coñecer alguén especial, pois quizais ela non vai querer coñecer máis.

Elenco editar