Otilia Lux

política e activista indixena guatemalteca

Otilia Lux de Cotí, nada en Santa Cruz del Quiché en 1949, é unha educadora e política maia-quiché guatemalteca. Activista a prol dos dereitos humanos e dos dereitos das mulleres, está considerada como unha das figuras máis importantes en Latinoamérica na esfera política e o movemento civil.[1] Dende 2000 até 2004 foi Ministra de Cultura e Deportes de Guatemala (2000-2004) durante o período de goberno do Presidente Alfonso Portillo.[2] Tamén foi membro do Foro permanente sobre cuestións indíxenas das Nacións Unidas (2002-2004).[2] Foi deputada ao Congreso da República por WINAQ e representante de Guatemala ante o Consello Executivo da UNESCO. Foi Directora Executiva do Foro Internacional de Mulleres Indíxenas[1] e experta indíxena do Foro Permanente dos Pobos Indíxenas das Nacións Unidas.

Infotaula de personaOtilia Lux

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Santa Cruz del Quiché, Guatemala (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Member of the Congress of Guatemala (en) Traducir
Ministro da cultura (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuatemala Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEncuentro por Guatemala (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa nai animouna a estudar e foi unha das poucas nenas indíxenas que puideron asistir á escola ao ser a sexta de sete irmás. Aos 19 anos trasladouse á zona rural para impartir clases.[1] Logrou chegar á facultade onde se involucrou en organizacións político-estudantís. Licenciada en Administración da Educación, de 1997 a 1999 foi comisionada da Comisión do Esclarecemento Histórico sobre a violación dos Dereitos Humanos e Feitos de violencia en Guatemala.

De 2000 a 2004 foi Ministra de Cultura e Deportes e posteriormente membro do Congreso da República como líder do Movemento Político Winaq participando nas comisións da Muller, Extraordinaria Nacional pola Transparencia e os Pobos Indíxenas.[3] Foi vicepresidenta do Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas da ONU, entre 2001 a 2007, e ocupou o cargo de representante de Guatemala ante a Xunta Executiva da UNESCO entre 2004 e 2007.

De 1997 a 1999 foi representante da Comisión para o Esclarecemento Histórico sobre a Violación dos Dereitos Humanos e os Feitos de Violencia en Guatemala.

En 2006, outorgóuselle o Premio Bartolomé de las Casas pola súa destacada traxectoria no ámbito educativo e cultural de Guatemala destacando o seu traballo tamén como membro da Comisión para o Esclarecemento Histórico do Conflito Armado en Guatemala.[4]

Dereitos das mulleres indíxenas editar

Lux denunciou as dificultades das nenas e as mulleres indíxenas para poder acceder á educación e tamén para ser propietarias das terras, algo que as sitúa en condicións especialmente desfavorables.[1] Mestra nos niveis primario, secundario e universitario, é ademais catedrática en diplomados para mulleres indíxenas e conferencista nacional e internacional.[5]

En 2012 defendeu a iniciativa de lei sobre “consulta de pobos indíxenas” referida ao dereito dos pobos a ser consultados para que autoricen ou non que de desenvolvan actividades de explotación de recursos naturais nos seus territorios.[2]

En 2016 o Ministerio de Relacións Exteriores de Guatemala presentou o nomeamento de Lux de Cotí ao Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas da ONU no período 2017-2019.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Otilia Lux de Cotí: "Las indígenas merecen una vida libre y sin violencia"". Mujerhoy. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2016. Consultado o 1 de decembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Politics, iKNOW (30 de maio de 2012). "Entrevista con Otilia Lux, ex Ministra de Cultura y Deportes, ganadora del Premio Bartolomé de las Casas y Diputada Guatemalteca". Red Internacional de Información sobre Mujeres y Política (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2016. 
  3. "Guatemala: Revocar la sentencia de genocidio "es una afrenta a los pueblos indígenas" | Servindi - Servicios de Comunicación Intercultural". www.servindi.org. Consultado o 1 de decembro de 2016. 
  4. "La indígena guatemalteca Otilia Lux de Coti se convierte en el Premio Bartolomé de las Casas 2006". europapress.es (en castelán). 9 de xuño de 2006. Consultado o 1 de decembro de 2016. 
  5. Fundceri. "Otilia Lux de Cotí". Consultado o 1 de decembro de 2016. 
  6. "Nominan a Otilia Lux de Coti para representacion indigena ante la ONU – PANCHOLON RADIO INTERNACIONAL". pancholonradio.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2016. Consultado o 1 de decembro de 2016.