Oscar Pistorius
Oscar Leonard Carl Pistorius, nado o 22 de novembro de 1986 en Pretoria, é un atleta surafricano, especialista en velocidade.
Oscar Pistorius | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de novembro de 1986 |
Lugar de nacemento | Sandton |
Nacionalidade | Suráfrica |
Etnia | Sul-africanos brancos |
Alma máter | Universidade de Strathclyde, Universidade de Pretória e Pretoria Boys High School |
Ocupación | atleta |
Na rede | |
http://oscarpistorius.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |

Vida e discapacidade editar
Pistorius naceu sen peronés en ningunha das dúas pernas debido a unha malformación conxénita, e antes de facer o ano os doutores xa lle amputaran as dúas pernas por baixo do xeonllo. Estudou na escola e no instituto masculino de Pretoria, onde empezou a competir, coa axuda de próteses, en rugbi e wáter-polo. Logo dunha lesión de xeonllo, mudou eses deportes polo atletismo. Pistorius estuda xestión de empresas na Universidade de Pretoria.
Usaba para a competición deportiva unhas próteses transtibiais de fabricación islandesa, denominadas "Pés de Guepardo", valoradas en 3.000 €.
En novembro de 2021, as autoridades penitenciarias de Suráfrica puxeron en marcha os primeiros trámites procesuais para considerar a liberdade condicional de Oscar Pistorius, encarcerado polo asasinato da súa noiva.
Traxectoria deportiva editar
Medallas olímpicas | ||
Ouro | 200 m T44 | Atenas 2004 |
Bronce | 100 m T44 | Atenas 2004 |
A primeira competición deportiva importante de Pistorius foron os Xogos Paraolímpicos de Atenas. Neles obtivo unha medalla de bronce nos 100 m da categoría T44 (amputados dunha e de dúas pernas), e a medalla de ouro de 200 m da mesma categoría, establecendo ademais un récord mundial de 21"97, por diante de atletas que si tiñan unha perna, coma estadounidenses Marlon Shirley e Brian Frasure.
A partir dese momento, Pistorius comezou a competir en probas dirixidas a atletas sen discapacidade. En 2005 rematou sexto nos campionatos de Suráfrica de 400 m (para atletas sen discapacidade), e na Copa do Mundo de Paraolímpicos de 2005 conseguiu as medallas de ouro de 100 m e 200 m, batendo ademais o seu récord anterior sobre os 200. En xullo de 2005 converteuse no primeiro atleta con discapacidade en competir nunha proba do Grand Prix, correndo os 400 m en Helsinqui. Nos Campionatos Mundiais de Atletismo para Discapacitados, Pistorius gañou as medallas de ouro en 100 m, 200 m e 400 m, rompendo unha vez máis o récord que el mesmo posuía sobre os 200 m. En marzo de 2007 foi subcampión de 400 m de Suráfrica, competindo contra atletas sen discapacidade.
É o actual titular dos récords mundiais de 100 m, 200 m e 400 m da categoría T44.
Polémica editar
Os extraordinarios resultados de Pistorius situaron as súas próteses no cerne da polémica, posto que houbo voces que protestaron a súa participación en competicións contra atletas sen discapacidade. De feito en 2006 a Federación Internacional de Atletismo (IAAF) prohibiulle cautelarmente a participación nos Xogos de Beixín de 2008, ao tempo que lle permitía a participación na competición paraolímpica.
Diferentes voces acusan a Pistorius de que distintos elementos das súas próteses, máis ca suplir as súas discapacidades, lle dan unha capacidade extra, incluídos os cravos das zapatillas. Pistorius e o seu adestrador, Ampie Louw, rexeitan as críticas e sinalan que ademais o seu sistema de próteses presenta numerosas desavantaxes en situacións de choiva, vento e que ademais tarda máis en comezar a correr cós atletas con pernas naturais. Os estudos realizados polo profesor Robert Gailey, da Universidade de Miami sinalan que este tipo de próteses devolven o 80% da enerxía que reciben, un terzo do resultado que ofrecen as pernas naturais.
O ditame inicial da IAAF foi revisado en xaneiro de 2008. Un informe independente encargado pola federación a un equipo do Instituto de Biomecánica da Universidade de Colonia sinalou que a prótese usada por Pistorius lle permite correr á mesma velocidade ca a calquera velocista, pero cun 30% menos de esforzo, o que supón para el unha vantaxe comparativa. Polo tanto, a IAAF determinou non lle permitir a súa participación nos Xogos de Beixín[1].