Abrir o menú principal

Os soños na gaiola (álbum)

disco de Suso Vaamonde

Os soños na gaiola é o segundo álbum de estudio (e terceiro na discografía) do cantante galego Suso Vaamonde. Foi publicado en 1978, baixo o selo Dial Discos, posteriormente reeditado en 2006.

Os soños na gaiola
Álbum de Suso Vaamonde
Publicado1978
Xénero(s)Folk
Selo(s)Dial Discos
Producido porSuso Vaamonde
Cronoloxía
Nin rosmar un laído (1977) Os soños na gaiola Limiar (1979)

A edición componse dun dobre LP onde Suso musicaliza o poemario do mesmo título do poeta Manuel María. O disco foi premiado polo Ministerio de Cultura de España como "Disco infantil do ano". Na reedición en CD de 2006 non se incluíu o último tema "A esmorga".

En 2016, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas no poeta Manuel María, o álbum foi reeditado, acompañado dun libro con ilustracións da sobriña de Suso, Antía Vaamonde.[1]

Lista de canciónsEditar

Disco 1Editar

N.º TítuloLetrasMúsica Duración
1. "Galicia"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:16
2. "A fouce"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:22
3. "Campás"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 1:52
4. "O meu barco"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 4:19
5. "O muíño"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:20
6. "O chifre"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 1:57
7. "O foguete"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 1:16
8. "O soñador"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 3:13
9. "O afiador"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 3:42
10. "O lume novo"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:09
11. "O pastor"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 3:32
12. "A boneca"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:05
13. "A roda"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:05

Disco 2Editar

N.º TítuloLetrasMúsica Duración
1. "O Sol"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:11
2. "A estrela sin nome"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 1:59
3. "A lúa"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 1:03
4. "O río"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 4:22
5. "O arco da vella"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:06
6. "O vento"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:27
7. "O meu año"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 1:31
8. "Caracol"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:41
9. "A pita choca"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:22
10. "O meu burriño"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:30
11. "O lobo"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 2:38
12. "O grilo"  Manuel MaríaSuso Vaamonde 1:30
13. "A esmorga"  Manuel MaríaSuso Vaamonde  

NotasEditar

Véxase taménEditar